viernes, 13 de mayo de 2011

CRUCE DIALECTICO ENTRE PP - BNG NAS REDES SOCIAIS

O que parecía un candidato moderado no PP, estase a amosar moi intransixente case déspota; como se diría agora, o candidato Guerra vai de sobrao pola vida... Xa o puxemos de manifesto cando declarou nunha entrevista que o único importante era ter a maioría en Teo e que o demáis non importaba.
Agora estamos máis asustados que nunca co que nos pode tocar esperar nun goberno en minoría co BNG. A situación de tensión vivida nestes últimos anos pódese ver agravada; se antes era dificil a relación co PP, a lo menos con Armando se podía falar. Con este novo candidato, parece que nin eso...
¡Era o que lle faltaba a Martiño! Antes xa tiña a súa particular "cruz", e agora vénlle outra "cruz" enriba...

Resumo do cruce dialéctivo vivido en Facebook hai unhas horas:

GUERRA: "Hoxe pechamos os actos da xuventude destos meses encaixados no movemento "A Xuventude Quere guerra"! Animádevos a vir as 22:00H a festa na carballeira de Santa eufemia en Oza!"

MARTIÑO: "Falando de campañas, algúns veñen dende a Xunta a Teo a predicar a austeridade mentres os seus aquí seguen instalados na fórmula do pasado carpa+comida+música.Non saben, que a liberdade e a decisión dunha maioría de veciñ*s de Teo xa non se mide nestas coordenadas, que nos tempos que corren, non deixan de resultar obscenas."

GUERRA: "Algúns dedícanse a criticar os nosos actos políticos porque non son capaces de xuntar xente nos seus actos! É un pouco triste!"

7 comentarios:

Félix dijo...

Eu teño unha pregunta: ¿por que Guerra fai mitins en lugares 'raros' como campos da festa? ¿Terá unha autorización especial da Xunta Electoral?

Anónimo dijo...

E os outros candidatos que din ? isto parece un tsunami bipartidista ou un partido de dous entre Martiño e Guerra....

Anónimo dijo...

Iso onde esta Jano Leis e Parajo ou xa non fan campaña?? Rendiuse xa o PSOE de Teo, unha pena o que se fixo con ese partido en Teo con ese home.

Anónimo dijo...

Guerra mais ca un popular é un populista. Fai festas no canto de mintíns para estómagos agradecidos. Cómo se argallará para expricarlle aos festeiros; despois de ben comer e mellor beber; o seu programa electoral? Ou expricarallo Chávez? Igoal aos festeiros non lles interesa nengún tipo de programa. O choio é fartase en época de crise. Vaia austeridade! Vaia exemplo para cando chegue a alcalde!

Anónimo dijo...

Xa fai tempo que este INDIVÍDUO ven comentando entre os seus círculos de achegados, e polo que se ve; non tan achegados; que no futuro ía a ser o "DONO" da parroquia onde vive (Bamonde). O que xa descoñezo é se se trata só do seu territorio ou tamén dos seus cidadáns. Construirá aló un Guantánamo? Pois se o ÍNCLITO chega ao governo de Teo ....! Daquela, teremos que ir pensando que se os teenses queremos ser os donos do noso Concello e do noso FUTURO haberemos de pensar moi ben o senso do noso voto. Aos outros candidatos xa os coñecemos. Ben, por facer laboura de governo, ven por desempeñar laboura de oposición. Incluso coñecíamos ao Sr. Armando. Pero con ISTE podemos levar unha moi desagradábel sorpresa. O que avisa.....!!!!

Anónimo dijo...

Si ohhhhhhhh! Guerra poderíase chamar tranquilamente o Sr. Carpa. Iste non era o que tiña, permanentemente, unha carpa montada na Carballeira do Barreiro? Si ohhhhhhh! agora xa me decato. Tiña unha carpa permanente para cuchipandas e derivados. A carpa sempre foi o seu "modus vivendi" e os derivados o seu "leitmotiv". Si ohhhhhhh! agora xa me dacato deste reaccionario compulsivo. Pois non sabía que pretendía ser alcalde!

Anónimo dijo...

A carpa non é un peixe ?