viernes, 6 de mayo de 2011

Campaña sen mítines: ¿non hai cartos?

Sorprendentemente, dous dos partidos máis "potentes" non farán mítines "á antiga usanza" en Teo: PP e PSOE. A escusa que dan é que prefiren facer reunións cercanas cos veciños. Esta razón non nos convence e o que nós pensamos é que non teñen cartos para facer tal despregue. Un mitin require cartos: aluger de local, medios técnicos, catering...
Pois debe de ser que os/as "xefazo/as" non lles deron cartos abondo para organizar este tipo de actos nesta campaña. ¿Será que non confían en gañar en prefiren investir noutros concellos onte o teñen máis claro, como o caso de Santiago (no caso do PP) ou Ribeira(no caso do PSOE), por poñer exemplos de partidos que organizan grandes actos?
Pero sorprendentemente o que sí fará mitin será Parajó (InTeo) e Martiño (BNG). O de Martiño non sorprende, pero o de Parajó sí. ¿Cómo o consigue Parajó? A razón é sinxela: co apoio da xente. Estes actos son moitas veces subvencionados coa participación da xente. O exemplo máis coñecido é a de Armando, que cando organizaba actos conseguí axuda de todo tipo: uns aportaban a carpa, outros as empanadas, outros a cervexa... E isto consíguese "pateando" as casas dos veciños e pedindo.
Pero nin este "renovado" PP nin o PSOE se dignan a "pedir" colaboración dos veciños. Nin dos mesmos militantes e candidatos. Porque si tes unha lista de 21 candidatos, con que cada un poña 1000 € do seu peto (unha alcaldía ben os valen) xa tes por onde empezar. Pero dá toda a sensación de que os que van nas listas non se involucran pola "causa". Falta compromiso.
Todo isto é una reflexión feita desde o máis absoluto descoñecemento do que ocorre nas sedes dos partidos, simpelmente son cousas que a xente se pregunta e o que se percibe. A xente critica os mítines porque din que son un gasto innecesario, pero se un partido non o organiza, é porque a cousa anda mal. A xente de a pé somos así de simples, pero ao final, somos os que votamos...

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois o PSOE ten unha exclusiva. Debería ter algo de aforro.

Anónimo dijo...

Non é que non haxa cartos. Pero con cartos non se merca a intelixencia ou mesmamente a cultura. O que hai é moito, pero moito medo. Nen mitíns, nen debates.....raro, raro, raroo....! Non é o mesmo falar na taberna cuns amigos que che dan a razón do tonto, ca facer un mitín expondo o teu programa e ao que che poden asistir persoas que non comungan coa túa doutrina e que che rebatirán. É ou non é; Sr. Guerra ou Sr. Leis? Mellor facer unha comillada para estómagos agradecidos, ¿nonsi? Senón para que vai na lista do Sr. Guerra o Sr. Chavez/Fandiño? Pois para iso, para facer as comilladas. E pretenden ser alcaldes!....para flipar por cores, coma din os modelnos....Saudiña a tod@s.

Anónimo dijo...

¿Cartos?. Ese non é o problema.
A xente que vai aos mitins ou ás reunións "abertas", algo de idea tén e interés por saber tamén ,pero claro ahi se lle vería o plumeiro a algún candidato que "Quere Guerra".

Por eso é mellor facer as reunións nas tabernas, nas bodegas con algunha churrascada, así mentras comen non entenden o que se lles dí porque non son capaces de facer duas cousas ao tempo. ¿Verdade Chavez?.

Anónimo dijo...

¿Como van a poñer 1000 € cada un si entre todos casi non os valen?.
O dos mitins no PP está moi claro, nítido é meridiano; ao comenzo, volcouse toda a cúpula da caverna do PP (Feijoo, Negreira, Portomeñe, ata o "cuñaaaao"), pero vendo o percal é o ridículo que fai o candidato cando non está nunha reunión de taberna, preferiron deixalo ao seu aire prá que se escorne só.
No comenzo da campaña, na pegada de carteis estaban os da taberna é ainda así faltaban alguns.¿faría frio ou faltaria compromiso?
Tirade de hemeroteca e veredes

Anónimo dijo...

siiiiiiiiiiiiiiii................ Creo que Chávez- Fandiño va a ser concejal de gastronomía por lo menos...estudios tiene: 23 años de su vida saboreando y degustando, años en las verbenas de teo y años preparando fiestas y eventos, todo regado de chivas, marques de vizhoja, chupitos y demás...chavez- fandiño tiene el máster ! adelante eeeeeee !

Anónimo dijo...

Vaya Tropilla ! que vayan al gran hermano, y los encierren, la llave la pueden tiran al rio Ulla, y que no salgan !

Anónimo dijo...

Non contaminedes mais o rio nin coa chave Ohhhh.

Anónimo dijo...

Otra característica del papiro es que aporta una lista geográfica de centros religiosos de Egipto (7,6 y ss.) considerados como centros de culto a Osiris; una entrada típica sería 'Osiris que habita en Karnak' (7,8). Esta lista de centros empieza con las principales ciudades religiosas, He-ka-Ptah, On, Karnak, Sais, Jmun, Abydos, Ninsu y Sambehdet, para después enumerar las ciudades menores, en orden geográfico desde Edfú hacia el norte. A este catálogo sigue inmediatamente (8, 25 y ss.) una lista duplicada en la que se leen 'Todos los dioses y diosas que están en ...'

No hay pistas claras que nos den a conocer la forma en la que se usaba el papiro, pero podemos imaginar que cada hora se entonaba el texto correspondiente, por un relevo de sacerdotes que permanecian ante una imagen de Osiris.