martes, 17 de mayo de 2011

Atopamos un libro da "Solta de Libros" do BNG

Por pura casualidade atopamos un dos libros ceibados polo BNG co gallo de celebra-lo día das Letras Galegas. Había outro libro no mesmo sitio, que deixamos para outro/a afortunado/a.

Queremos expresar desde aquí a nosa felicitación ao Bloque por esta iniciativa. Non sabemos se é unha iniciativa feita pola coincidencia coas eleccións (no libro explícase que é unha iniciativa do Bloque, non do Concello), pero desde aquí animamos ao Concello a que recolla esta idea e a traslade a tódolos 17 de maio, goberne quen goberne.

Iniciativas como estas son as que nós aplaudimos, porque non supoñen un grande custo e un xeito moi divertido de achegar aos nenos aos libros, que nestes tempos que corren non é doado. Unha suxestión: un dos libros podería levar un agasallo, como un lote de libros a recoller na mediateca municipal, por exemplo.

En fin, que felicitamos ao Bloque por esta iniciativa (se fora doutro partido diriamos o mesmo, quede claro) e agardamos que continúe tódolos anos.

5 comentarios:

noticiasdeteo.blogspot.com dijo...

CLAREXANDO IDEAS NO DIA DAS LETRAS

Un servidor, redactor xefe do blog, xa sabía que o video de Greve Geral ía axiña a causar comentarios dos radicais neonazonalistas, pero precisamente aproveito esta editorial para clarearlles algún conceptos. Gracias aos que se paren a lela.


DO NOSO IDIOMA


O galego non precisa de ser defendido e menos por interesados políticos, só precisa de ser falado, lido e escrito, esa é a mellor forma de amalo e conservalo. Xa é mágoa que certos persoeiros teñan que esperar aos dezasete de Maio para lembralo. O galego hai que cultivalo todolos días. Lonxe de fronteiras ideolóxicas o galego ten un claro dono, é de quen o queira. Inda así moitos intentan apropiarse del, facelo seu e facer de sí unha identidade. Ése precisamente e o gran dano que o neonazonalismo galego capitaneado polo partido político BNG e os seus agoreiros está a facerlle á nosa lingua. As súas políticas de implantación idiomática e desprecio do castelán fan que o galego se engaiole nun espazo limitado ás mentes dos máis intolerantes. Unha lingua sempre medra se é libre porque unha lingua é cultura e cultura é liberdade, para iso compre a convivencia, pluralidade e o respecto.


DO NAZONALISMO


O nacionalismo é unha forma de política que xurde da oposición a un estado moderno, son formas de facer avanza-los intereses das élites, os grupos sociais e os gobernos extranxeiros en contra do Estado. Existe unha idea equivocada segundo a cal o nacionalismo emerxe dun senso cultural da identidade nacional dun povo, poren moitos estudos sociolóxicos teñen demostrado que o nacionalismo é un xeito de crear un senso de identidade para mobiliza-lo apoio popular. Exemplos históricos de ncionalismo son:
A oposición nacional de Inglaterra e Francia durante os primeiros tempos modernos.
O separatismo dos imperios de Habsburgo e Otomano.
O fascismo en Alemania, Italia e Romania.
O nacionalismo reformista na China, Xapón e Turquía.
Os nacionalismos separatistas escocés, vasco, canadiense, etc...
DA NOSA IDEOLOXÍA


Nos non apoiamos a ningún partido político, e menos en Teo tal e como está o panorama. Simplemente defendemos a idea de liberdade, participación cidadán e dirixentes públicos ao servizo da cidadanía. Dentro destes límites compartimo-la existencia de calquera ideoloxía. Este perfil democrático non foi amosado polos últimos alcaldes de Teo, nin Armando Blanco nin moito menos Martiño Noriega. É por iso que na situación actual pedímolo voto para que o Bloque Nacionalista de Teo non goberne os vindeiros catro anos. E cadaquen que baixe as escaleiras como queira, inda que postos a escoller preferimos un goberno de esquerda para Teo.


Gracias a todos i en especial a Lois Pereiro pola túa herdanza inmaterial pero eterna...


"Poesía. Patria. Paixón. Perigo de extinción, perdidos en nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferenza alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos. Paisaxes dispersas, aliñados entre os Perfís do Pasado, coa Presenza dunha vexetal sensación de eternidade. Paixón e Poses "punk", reflexos Postmodernos e altas horas nos diques urbáns da noite.".
LOIS PEREIRO. Do libro POEMAS 1981/1991 (Edicións Positivas. Santiago de Compostela, 1992).

Anónimo dijo...

Mira, que aplaudas a idea paréceme loubable...mais queintentes facernos parvos dicindo que non a eloxias por seren do bloque é una ofensa a todos os teus lectores e á intelixencia humana...

Anónimo dijo...

Dous comentarios os primeiros dignos de ser leídos para ir a esfurricar mellor. Ímoslle chamar os comentarios KIWI, porque fan andar de ventre.

Anónimo dijo...

Por certo "loubable" ademáis do presentador e ti...¿quen máis estaba?

Anónimo dijo...

Votar ao PP é votar un posible pacto con Jano Leis. Vota BNG. Non condenes ó noso concello á vergonza pública.