viernes, 20 de mayo de 2011

Actos fin de campaña: acabouse a austeridade

Ao final, tiramos toda a demagoxia da austeridade pola borda e facemos un Acto de fin campaña con pinchos, como ten  que ser, todo sexa polos votos.

E velaí que van (case) tódolos partidos e organizan o seu acto de campaña, sinalando, eso sí, que quede ben clariño, que despois haberá pinchos... ¿Non resulta patético?

Lista de actos, para que cada quen vaia ao que máis lle guste:

  • InTeo: Ás 21:00H no Restaurante San Martiño. O máis interesante de todos, este restaurante ten sona polo bo comer, aquí un xa poderá saír ceado (as empanadas están boísimas).
  • PSOE: Ás 21:30H no Restaurante Pórtico.Anuncian "pinchos socialistas" e música. Como dicía aquel: ¡Toma Moreno coa austeridade!
  • PP: Ás 21:00H, en Lucí, na Praza dos Encontros. Haberá sorpresas, din. Así que de austeridade, nada de nada.
  • BNG: Ás 20:30H no Pazo de Adrán. Parece ser que non haberá pinchos. Se ser así, sería o único que actúa con coherencia despois do dito durante toda a campaña.


    9 comentarios:

    Anónimo dijo...

    Circula una encuesta por ahí que da:
    8PP
    6BNG
    3PSOE

    Anónimo dijo...

    Mira que bailades nesta páxina!
    1º Guerra
    2º Parajo
    3º Martiño
    María, María,...

    Anónimo dijo...

    1, 2, 3, un pasito pa'lante maria...
    1, 3, 3, un pasito pa'tras
    Como se moven!!

    Anónimo dijo...

    Joder o número oito é o fandiño, manda carallo na Habana MARÍAAA

    Anónimo dijo...

    ? A que María se fai referencia ?

    Anónimo dijo...

    HAI QUE JODERSE CA AUSTERIDADE DE MARTIÑO, SOLO HAI QUE VER OS CARTOS QUE ESTAN TIRADOS POLAS FAROLAS ADIANTE (PARECE SER QUE AS EMPRESAS QUE SE CONTRATAN PARA LIMPAR DAN MOITOS CARTOS)OS LIBROS QUE SE REPARTEN POLAS PARADAS, OS PAPELES E REVISTAS CON SOBRE INCORPORADO QUE SE MANDAN AS CASAS... E SEGURO QUE O SALON DO PAZO DE ADRÁN SALELLE GRATIS, VERDAD? ANDA PARECEME BEN QUE APOSTEDES POR UN PARTIDO OU 2 OU 3 QUE ASI GANADES SEGUIDO, PERO POLO MENOS NON DIGADES TONTERIAS DE QUE O BNG É O UNICO QUE FAI AUSTERIDADE.

    Anónimo dijo...

    Imos a contar mentirassss....trailaráaaaa.....!

    Anónimo dijo...

    Polo río andan as lebres, e polo monte as anguilas, trailaráaaaaaa....

    Anónimo dijo...

    Eu iría máis lonxe.....; revíranse os paxaros ás escopetas!, jajajjjjjjjj....! trailaráaaa....trailalailaráa,.....