domingo, 27 de marzo de 2011

Confirmado: Armando Blanco non se presenta á alcaldía

Aínda que tivo intención de presentarse, con partido (Avite) xa inscrito, ao final Armando non se presentará ás eleccións.
Non tiña moito máis que facer, cando non se sentía respaldado polos votantes do PP, que ven en Guerra unha renovación, algo como o caso Feijoo-Fraga, pero no eido local.

E agora un par de rumores sobre Armando, e o por qué da súa decisión:

1. Abandona porque non se sinte apoiado polo partido e a súa presenza cun partido independente, que divida votos, perxudicaría á aposta case persoal do presidente Feijoo. E como Armando vive polo partido, non quere perxudicalo... Si alguén cre isto, bendito sexa! O rumor dí que a Armando se lle prometeu algún cargo de "importancia" ben no partido ou na Xunta. Fagan apostas... nós xa temos algunha idea de qué cargo se podería tratar.
2. Abandona porque o seu partido non tiña trazas de prosperar. Non ten xente de confianza e seguidores para ir nas listas e tamén hai que pensar que un partido e unha campaña electoral, para ser exactos, requiren de diñeiro. E nestes momentos non están as cousas para tira-los cartos en festas, romerías, invitacións, carteis, etc.

De xeito que agora quedan catro partidos para disputa-las eleccións: BNG, PSOE, PP e InTeo. E deste último, que parece que aínda non se sabe nada, podemos esperar calquera cousa... xa veredes, prometemos novidades.

2 comentarios:

TOURO BRAVO dijo...

O MARTIÑO NORIEGA non é o que di que a outros lle fan o descurso.

Pero se tamen lle fan o discursoa el!

Caraio e ten que lelo tamen...ala... Vai... Caraio..

http://www.youtube.com/watch?v=H98g4Q0BO5Q

A hipocresía dalgún non ten precio.

Anónimo dijo...

...pal sementerio se va,la vaca de mala leche...