lunes, 17 de agosto de 2009

Obras a medio rematar: non hai máis cartos

O que vos imos contar parécenos incrible, por iso pedimos a vosa colaboración para coñecer por outras fontes se o que nos comentaron é unha broma ou a realidade en Teo volve a superar á ficción.
Resulta que nas obras da estrada Santiago - A Estrada, a AC-841, que está plantando de rotondas esta estrada, se remataton os cartos. A constructura rematou os cartos do proxecto e plantará a obra, quedando como está. ¿Que significa iso? Pois que as beirarrúas desde a rotonda de Catro Camiños ata a Casa do Concello non se farán. Os arboliños sí, pero quedará de terrra, tal e como está agora: ou sexa, o que sae nas fotos que publicamos é a obra final.
Non é unha broma.


A beirarrúa da dereita quedará de gravilla. Tramo que remata na rotonda do colexio.
Cando chova, a saber qué pasará...


Tramo esquerdo, mirando cara ao norte, cara Cacheiras.


Tramo dereito, mirando cara ao sur, cara A Ramallosa.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

CANDO MARCHOU O BIPARTITO ESTABAN ASIGNADOS, DONDE CARALLO OS METERON ESTES DO PP?

Anónimo dijo...

¿De donde sacais esta clase de información? No me lo creo. estarán con poco personal por las vacaciones, no seais tremendistas.

Anónimo dijo...

logo o meu non se saca..xa vexo xa BURLA NEGRA

Anónimo dijo...

Non son cartos do bipartito nin do PP, son cartos que xa estaban asignados e confirmados pola constructora, que agora dí que non lle chegan e por iso fará a obra ata onde chegan os cartos. Cando haxa mais, seguirá...
É o problema de sempre: que non valoran ben e logo sempre se superan os orzamentos iniciais, pero neste caso non se asignan máis cartos que os iniciais.

Anónimo dijo...

Seguro que con Jano esto no pasa...