miércoles, 13 de mayo de 2009

Obras na AC-841: PERIGOS, INSEGURIDADE E IRRESPONSABILIDADES

Estivemos a recibir nestas últimas semanas moitos correos informando sobre as obras da AC-841. Enumeramos a continuación algunhas delas; advertimos que algunha desta información tivemos que corroborala pois o que se denuncia son feitos moi graves que alguén debería de mirar...

INSEGURIDADE
Os que circulan pola nova estrada en obras, pode comprobar que existen numerosos defectos na correcta sinalización das rotondas que aparecen dun día para outro. Así, podemos destacar:
  • Iluminación escasa ou nula (caso da rotonda ao lado de Os Robles ou a ITV)
  • Sinalización ridícula, como pintar os "ceda o paso" con spray, a modo de graffitti e nun color que non é o indicado polo Código de Circulación para sinalar as obras.
  • Gravilla solta nas rotondas, o que xa provocou algún accidente pola saída de vía dos vehículos.
PERIGOS
As zanxas que se abren ao carón das casas son perigosas. Debido á falta de sinalización, e de elementos que eviten o paso dos peóns por zonas perigosas, se poden producir moitos accidentes.
Por non falar da falta de elementos que faciliten o paso ás persoas con movilidade reducida.
Xa se dou algún caso de persoa que caeu nunha destas zanxas.

IRRESPONSABILIDADE
Ante estes feitos que a xente común pode ver tódolos días, un se pregunta qué papel están a levar a cabo as autoridades do Concello: Concelleiro de Obras e Policía Local. A resposta é clara: NULA.

Concellería de Obras: Pode argumentar que as obras son do Ministerio e non poden actuar. Non é así, pois xa se deron casos de apertura de zanxas en zonas privadas ou polas que se requería unha autorización expresa. Ou sexa, que a empresa subcontratada para facer as obras, abre zanxas onde lles peta. E ninguén sabe quen ó o responsable.

Policía Local: Debe de actuar de oficio e revisar as irregularidades. Se unha rotonda carece de sinalización, debe obrigar a que se cumpra a normativa. Se non é competente, que faga unha chamada a Garda Civil de Tráfico para que o revise. Hai que actuar e non facer a vista gorda.

Máis grave é un caso que nos comentaron, sobre unha persoa que se caeu nunha zanxa que estaba mal sinalizada (co agravante de que se lle expuso a falta de seguridade en concreto dese lugar á empresa que estaba realizando os traballos). O grave do caso é que a Policía Local foi informada do accidente, pero non se personou no lugar. Repetimos: se lle chama á Policía Local de que unha persoa acaba de caer nunha zanxa e non acode ao lugar! ¿Que está a pasar no Concello, estase a encubrir a alguén, é denunciable este pasotismo da Policía Local? (NOTA: Este caso nos foi relatado por unha persoa testemuña dos feitos e que fixo fotografías de todo, polo que consideramos que a información é veraz).

10 comentarios:

CABREADO dijo...

una verguaneza lo que pasa en Teo, sobre todo con las obras, tanto las propias como las ajenas.
el Miercoles dia 20 la carretra de la Estrada( la pue pasa por Cacheiras) registro unos atascos monumentales, el personal sin avisar, la poli que no estaba para agilizar el trafico, ni una sola explicación por parte del Alcalde.
Srs. si no saben gobernar que estan haciendo en el concello de Teo.
la poli local, si esta para meter multas a los vecinos de Cacheiras, de Os Tilos y a los pobres ciudadanos que compran fruta eb Frutas Barreiro en Vilar de Calo, comentan los vecinos que todos los días a cierta hora ( que casualidad que es la hora en que esta lleno el almacen de frutas) pasan a regalarnos sus recetas ( envenedadas).
Sr. Alcalde los vecinos y ciudadnos libres de Teo les estamos pagando a Vd. y a los funcionarios, y como no a la policia local, que creo que tienen unos muy buenos sueldos, mejor que cualquiera de los vecinos que vive en Teo, para que nos mayuden a vivir mejor, a que tengamos mejores servicios.. etc. no para que nos agredan con impuestos y multas.
Sr. Alcalde si quiere recaudar, bajense los sueldos Vds. y los funcionarios, incluidos los policias, `por lo menos de momneto mientras hay crisis. No vds. siguen cobrando lo mismo, mientras el pato lo pagamos los pobres ciudadanos, que votando para el cambio, la hemos jodido, ni el cambio se ve y pagamos bastante más que antes.

SR. ALCALDE DE TEO GOBIERNE PARA TODOS LOS VECINOS EN IGUALDAD. atye un poco a los policias locales y que se dediquen a vigilar nuestras casas y carreteras y dejen de joder al pobre contribuyente.
Para que queremos más policas, para que nos metan más multas...CON MIS IMPUESTOS NO MAS POLICIAS, NO MAS RECAUDADORES DE IMPUESTOS, NO MAS POLITICOS MENTIROSOS, NO MAS VIVIDORES

INSUMISIÓN A LOS IMPUESTOS

Anónimo dijo...

¿Que aPolicia Local se dedica a poñer multas en Vilar de Calo?
E mentres, os cacos a roubar nos chalés...
mi madriña, que panda de...

CARALLO CON ALGUNHA PRENSA dijo...

CARALLO CON ALGUNHA PRENSA

vichedes a noticia de onte sobre a pedra que colocaron en Balcaide.
pode que sexa un monumento, pero bueno.. deixemolo en pedra.
mirade a doble vara de medir quelle da A prensa, no correo reflexa a indignación do escultor sobre a situación que lle dou o concello a pedra y na voz de galicia fala das SILLAS QUE COMPROU ARMADO.( non sei que tera que ver unha cousa ca outra)
a verdade os que somos da zona sabemos perfectamente cal e a verdadeira noticia e cal e a foto, po lo menos era na quel momento, A DA MALEZA.
que me perdoe o periodista da voz, pero xa esta ben de intosicar..amigos deixade de tomarlle o pelo a os veciños de Teo.
e mentira que o sitio estaba limpio, e mentira que non haxa donde colocala, e mentira que lla meteran a forza... todo e mentira... foi un regalo de ANXELA BUGALLO antigua concelleira de Teo e ex-parella de Rafael Sixto concelleiro de urbganismo e obras.

si a voz o mellor dito a periodista da voz quere slavarlle os mobles a Martiño que non intente manipular vinculando a Armando Blanco coa estatua, nada ten que ver con ese tema.
non se pode intoxicar, vergonza lle debería dar a ela e os seuss xefes.
bien por el Correo Gallego, que po lo menos conta o que pasa e non anda con mentiras.

Anónimo dijo...

defensorxenteteo.blogspot.com
A BIBIANA AÍDO SE LE HA IDO.

Anónimo dijo...

a bibiana se le ha ido, pero..... a Yolanda Mosqueta tambien

Anónimo dijo...

os policias non andan por cacheiras intentando facerlle a vida mais facil os veciños, pero si atenden os amigos de Martiño, hoxe tiñan tomada a carretera de Balcaide, atendendo o asunto dos coches.

pra eso ti teñen efectivos, pra eso e pra multar en frutas Barreiro en Vilar de Calo.
os cacos que os atendan os veciños, pra que se van a manchar eles.

a carretera de Cacheiras que siga feita unha merda, que a ninguen lle importa.

¿ por certo como esta o tema dos aparcamentos , esos que reclamaban os comerciantes. Martiño xa se esquenceo do tema.
¿ ahora xa non e importante.?

¿ quen vixila a limpeza dos montes que hay cerca das casas, estamos no mes de Xuño e se limparos, logo deremos que claro que chegou o calor de repente e colleunos en bragas..

En fin................

Anónimo dijo...

onte dia de choiva y dia cativo para andar po las estradas de toda a comuniade.
pois ben, en Teo, concretamente na estra que esta en obras un pouco pasado cacherias hacia pontevea, estaban a tirar formigon para facer as rotondas ou as cunetas, no me fixei moy ben, pero sin señalización, sin que ninguen regulase o trafico, o camión no medio e medio, mira ti haber si paso eu... logo de montarse un pouco de follon, un operario ponse a mover as mans en forma de garda, PERO OS GARDAS QUE COBRAN MAIS DE 300.OOOPTS PAGADAS PO LO CONELLO DE TEO donde estaban, o enxoito, non sea que se mollen e pillen a baixa, pequeniños eles.

QUEN CARALLO E O CONCELLEIRO DO RAMO, OU E O ALCALDE DIRECTAMENTE O QUE LEVA A POLI - LOCAL.

INSUMISION NON MAIS POLI LOCAL, NON MAIS GASTOS INUTILES.

( solo se adican a multar a os veciños de Teo, si eres de Teo mais multa...antes non pasaba esto, PORQUE CAMBIOU O TEMA, solo entendo que mudou porque o novo alcalde e o que lle das as ordenes.

A MULTAR QUE FAN FALLA OS CARTOS PRA PAGAR OS ANTOXOS DE CARMEN HERMIDA.

CANBIO DO CARALLO.... xa queda pouco para o verdadeiro cambio.
xa se me fai tarde

Anónimo dijo...

A resposta da Garda Civil é que todo está correctamente sinalizado!
Cando pase un accidente grave a ver de quen é a culpa. Eu xa o sei: do que NON mira pola seguridade viaria.

Anónimo dijo...

eu che respondo... ¿ quen non MIra pola seguridade viaria?

O ALCALDE MARTIÑO...e seu equiPO do BNG

Pardal dijo...

Pois ao resto dos grupos non parecelle importarlle moito a situación porque non din nada ao respecto...