As cousas parece que xa van indo, a modiño, pero van indo.
jueves, 20 de noviembre de 2008
Apertura da autovía... ¿ou non?
Parece que xa abren a autovía de Cacheiras - Sta. Lucía. "Parece" porque segundo se le no xornal El Correo Gallego non hai nada fixo aínda. Ata para inaugurar non se poñen dacordo. En fin. O caso é que inauguren dunha vez o tramo. Que xa ía sendo hora...
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
14:37
9
comentarios


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
lunes, 17 de noviembre de 2008
Autobuses do Concello: unha idea proposta en DesbloquearTeo que se fará realidade
Cheogunos a nova de que o Concello está a preparar un sevizo de autobuses de "proximidade", isto é, que cubra as rutas internas do Concello. Deste xeito rematará a odisea dos que, para ir de Casalonga ao Concello (na Ramallosa), tiñan que pasar polo centro de Santiago e cambiar de autobús.
Unha boa iniciativa que desde DesbloquearTeo aplaudimos non só porque beneficia aos veciños senón tamén porque xa fora un tema aquí exposto. Ogallá que desde o Concello nos sigan dando estas novas.
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
17:28
7
comentarios


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
miércoles, 12 de noviembre de 2008
TELETIPO
TERREMOTO EN TEO .STOP. 11/11/2008 20:00 H GMT .STOP. EPICENTRO: CURVA DA GAITEIRA .STOP. ESCALA 9/10 .STOP.
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
12:22
20
comentarios


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
martes, 11 de noviembre de 2008
Movemento de Asociacións en Teo

O interese de crear tanta asociación parece que ten que ver co tema de MercaTeo, unha especie de mercado de comerciantes (tipo OutLet ou os que levan a cabo en Santiago en Amio), e que o alcalde estaba disposto a apoiar a iniciativa pero sempre que fora una asociación a que o organizara; a idea de MercaTeo xurdiu dunha empresa de Cacheiras segundo contaba Martiño o outro día na radio e por iso non a podían apoiar (economicamente falando).
Os últimos rumores que nos chegan é que xa se está a formar unha asociación con moito empuxe e nos din que axiña saberemos dela. A ver en que queda todo iso.
ACTUALIZADO: Xa teñen Blog e todo, parece que estes de ACEPTEO van en seiro: http://acepteo.blogspot.com/
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
16:48
4
comentarios


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
miércoles, 5 de noviembre de 2008
Nin PSOE nin BNG... don Armando Blanco foi o artífice da depuradora de Balcaide
O que ledes, agora resulta que foi o anterior alcalde, Armando, o que fixo as xestións para ter o alcantarillado de Balcaide. Sendo aínda alcalde, faltando poucas semanas para as eleccións, prometeulles aos veciños que se faría a depuradora e como agora se ve, así foi.
Esta información vénnos directamente dun dos veciños, así que repetimos o de sempre: poden ser informacións inexactas, pero é o que os veciños contan e o que ven.
Por iso, desta vez nin PSOE nin BNG nin, incriblememente, Parajó, tiveron nada que ver. Todas as loubanzas para o sr. Blanco.
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
11:31
14
comentarios


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest