lunes, 20 de octubre de 2008

O Alcalde de Teo, por fin, cos veciños

Parecía que non ía a chegar nunca unha noticia coma esta. Pero por fin, nos chegan novas de cambio na forma de facer do alcalde Noriega.
Cóntannos que en Balcaide, un grupo de veciños se reuniú fai uns días co alcalde para pedirlle o alcantarillado, prometido xa desde as anteriores (sí, en plural) lexislaturas... 
O caso é que en poucos días, non só obtiveron a promesa do alcalde de que se arranxaría o asunto, senón que xa se puxeron a traballar no terreo. 
Descoñecemos os detalles, pero falan de que están a instalar unha pequena depuradora nun río que pasa por entre as casas dos veciños.

Por fin, repetimos, unha mostra novidosa, desde logo, do alcalde. 
Desde logo, xa ten gañados a un bo puñado de veciños desa parroquia.


22 comentarios:

Anónimo dijo...

a ver canto tardan os socialistas en dicir que hai outra forma mellor de arranxalo, que se esta desperdiciando a oportunidade de poñer unha depuradora mais grande ou que o prezo e desorbitado...

Anónimo dijo...

Antes de falar deberiades de informarvos. Esa obra se fai porque o Grupo Socialista fixo as xestións e mesmo a propuxo para incluir no POS da Deputación do 2009 (cousa á que en principio se negaron os sres. Sisto e Parajó nunha xunta de portavoces).
Cando Martiño se enterou do problema xa estaban os socialistas facendo xestións.
Se non o credes, falade cos veciños, que o primeiro que fixeron foi falar cos Grupo Socialista en vista de que o problema non se lle solucionaba.
Antes de informar, hai que informarse.

DESBLOQUEAR TEO dijo...

Amigo/a anónimo/a:

Supoño que serás socialista para defender tanto a actuación do grupo. Pero iso para nós é o de menos.

Volvemos a dicir o de sempre, que nunca entendedes por onde van os tiros. É doado de entender, pero nunca captades a mensaxe. Temos que volver a repetir o de sempre, en fin, imos pois.

Xa dixemos en máis dunha ocasión que non somos un xornal nin xornalistas. O que nós publicamos son os comentarios que nos chegan da xente, que é a que VOTA ao fin e ao cabo. E si esta xente nos dí que foi o ALCALDE o que lles conseguiu o alcantarillado, é porque así o cren.

Si foron os socialistas os que o conseguiron, moi ben por eles, pero se iso non é o que os veciños reteñen, nós non temos a culpa. Non é problema de información pola nosa banda, senón problema de conexión do grupo socialista coa xente. E iso é un problema do grupo socialista que debería de corrixir; xa son moitos anos para que lles sigan metendo goles como este. ¿Nunca aprenden?

Pode ser que houbera xente que intoxicara a historia, pero o resultado final é o que nós presentamos, guste ou non: os veciños de Balcaide, encantados co alcantarillado que lles vai poñer o alcalde Martiño. E punto.

Anónimo dijo...

O que tes que facer e informarte ben e deixar de poñer neste blog cousas que son mentiras, xa que esa obra foi conseguida polos Socialistas de Teo, e non polo alcalde Martiño. E punto. Porque moito desbloquear Teo e logo andas todo o día a mandar loubanzas a favor de Martiño e do seu grupo.

Anónimo dijo...

cando ides sacar a BURLA NEGRA

Anónimo dijo...

Que é a Burla Negra?

Anónimo dijo...

non sei pero habia unha tempada que salía neste blog...po lo que eu sei eche algo dos nacionalistas...non sei o motivo de que saira neste blog, pero saiu.

Anónimo dijo...

mirade non teño tempo ahora de explicar o tema ese da portada, pero xa vos digo, nin os administradores, nin os que replican tendes puñetera idea de nada do tema.
xa o explicarei cando teñpa uns minutiños libres,

Anónimo dijo...

O que tiña entendido e que as obras de alcantarillado e abastecemento de auga potable eran dende Ameneiro ata Viduido, pasando pola Pedreira.... case 26.000 euros de execución... E o de Balcaide que falades esta previsto, pero ainda non teñen orzamento pa iso, nin data.

Saudiños...

Anónimo dijo...

bbbbbbbb, bueno non e asi de todo... xa falaremos

Anónimo dijo...

Imos contar un chiste...

-¿Sabedes que lle acaban de dar o Premio Nobel da Paz a Jano Leis?
- E lojo, ¿que fixo?
-Pois mira ti, poñer dacordo a BNG, PP e tamén a Parajó.

JAJAJAJAJAJA

Anónimo dijo...

Seica andan alborotados no partido socialista. A vella guardia está a defender a súa silla con unllas e dentes...

Anónimo dijo...

Eso de que os socialistas fan xestións habería que velo. Xa durante o mandato de Armando se estaba a falar do tema e estaba case todo zanxado....a ver se facedes algo de verdade e vos deixades de alimentar dos méritos dos demáis.

Anónimo dijo...

La depuradora,la canalización ensombrece los días de lluvía como cuando diluvia a mares.Aquellos días maravillosos que mojaban su cuerpo mientras iba al despacho del alcalde a pedir la canalización para Balcaide.Un río, ese Alcalde, ese cuerpo, ese saber estar que enmudece a quien lo oye, a quien lo escucha , como el avión cuando despega y emite un ruído ensordecedor pero todo el mundo quiere verlo, su vuelo, sus alas, su sol.....
Cuidado Icaro, no vueles tan alto, tus alas pueden quemarse tanto como Rafa Sixto cuando regresó de sus vacaciones,en el Caribe?
Eso no importa, lo importante es que os cuideis la piel y el alma, que no se pierda nunca.....
Los vecinos de Balcaide,ya tendrán agua por fin,los vecinos de Balcaide,los de la capital...y mientras un perro blanco se resguarda del frío arrimando o cu a una vieja cocina de leña. A su lado una gata amamanta a sus gatitos.....y un perro más feo se echa un pedito.Huele mal, huele mal, como la política en Teo.
Dónde está la oposicón?

Anónimo dijo...

Hola buenos dias...

No se quien se hace pasar por mi, mi seudónimo es calandracas, y la verdad es que no me gusta que suplanten mi identidad...

Queda dicho. Un saludo a todos!

Anónimo dijo...

no mientas yo soy calandracas. nadie más que yo puede firmar con ese nombre.

ser serios. solo hay un calandracas

Anónimo dijo...

Vaia, tes malas pulgas...non sei a que ben poñerse así, deberías de sentirte honrado de que intenten suplantarte vaia por dios

Anónimo dijo...

Este mensaxe anterior seguramente ven sendo do done deste mesmo blog que non sabe coma compracer aos seus lectores, sen que sintan o máis mínimo de pena. Asco me dades

Anónimo dijo...

que é o que da asco? o de calandracas? non entendo nada.....

Anónimo dijo...

?entre os día 4 e 5 borraron comentarios??? CENSURA!! non pode ser.... que iso é o que fan os outros!! onde quedou a vosa integridade??? aclarade esto, que pasou???
¿alguen sabe algo?

Anónimo dijo...

Eu sei algo pero de momento non se pode dicir nada....non vaia a ser.

Anónimo dijo...

O de puñetera idea é unha frase típica vosa...nótase que hai clase e saber estar nese partido. Desde logo....un maravilla.Hai máis xente no mundo......