lunes, 28 de abril de 2008

Nova Web do Concello... Por fin!!

Por fin xa hai nova web do Concello!! Parece que a situación de bloqueo vai amañándose pouco a pouco e o Concello empeza a traballar. A ver si eso é verdade e empeza a traballar en serio...

Por certo, que o tema da subvención xa o adiantamos nós aquí en Xaneiro, lembrades?:

[...] E ademáis, contará con servizo de admnistraciónen liña, que por algo teñen unha subvención de Industria de 100.000 euros. A ver si os aproveitan!

Agora xa sabedes a cantidade pola que están esperando cando no día da presentación da páxina web comentaban isto:

Martiño Noriega, que admitió retrasos en la reforma de la página, la presentó como un "organismo vivo" ·· Anunció que el Concello está a la espera de una subvención para la implantación de la administración electrónica.
(El Correo Gallego)

11 comentarios:

Anónimo dijo...

POR FIN TEMOS UNHA PÁXINA WEB COMA DEUS MANDA NESTE CONCELLO!!!

Tamén Somos Socialistas de Teo - TSSDT dijo...

ALGO PARA RECORDAR...(grazas á nova paxina web do Concello)

O Sr. Alcalde manifesta que é un compromiso o non superar a partida presupostaria que
había con anterioridade. Di que as retribucións para a Alcadía son as mesmas que se
aprobaron para 2007, e que as dedicacións se axustan para que non haxa diferencias e
cobren todos o mesmo, e non pase coma antes que se daban casos como que o Sr. parajó
cobraba máis ca concelleiros do grupo de goberno.
Segue dicindo que do que se trata é de non grabar máis ó Concello, e que as dedicacións
exclusivas teñan un soldo digno, e manifesta que tanto a él coma ós seus compañeiros
lles dá certo pudor este tema, xa que non están acostumados a que se fale en público do
seu salario.
O Sr. Sisto di que non ten moito máis que aclarar e que os principios reitores da
proposta son os fixados pola Alcaldía.
O Sr. Vázquez Pallas pregunta se lle van dar unha dedicación exclusiva ós grupos da
oposición, de igual xeito que se fixo noutros concellos limítrofes. O Sr. Alcalde
respóndelle que iso non vai contemplado na proposta.
O Sr. Rego di que está de acordo, pero por partes. Cre que o das dedicacións é moi
razoable, posto que un cargo electo debe estar dignamente remunerado, pero que eles
piden tamén unha dedicación exclusiva para o PSdeG-PSOE e outra para o PP, posto
que tan importante como o goberno é a oposición, e que isto é necesario para poder
dedicar medios temporais e económicos para poder traballar en condicións.
O Sr. Parajó di que se as cantidades son as mesmas, non ten inconvinte, que lle parece
razoable, vendo o que cobran noutros concellos.
O Sr. Alcalde di que xa foi exposta a proposta da Alcaldía e que non se contemplan
dedicacións exclusivas para a oposición. Un motivo di que é a situación complicada do
Concello, polo que non queren excederse. Cre que os soldos son dignos, tal e como está
o mercado laboral, e que lle parece necesario dignificar a dedicación política a tempo
completo, e outra que se contemplan tamén unhas asignacións ós grupos políticos para
que poidan desenvolver o seu traballo con dignidade, o cal nunca se fixo ata agora.
Pensa que a día de hoxe, tal e como está o Concello, non se xustifica unha dedicación
exclusiva sen unha responsabilidade concreta. Reitera que o seu grupo ten interese en
gobernar en coalición, e que xa se contemplan así dedicacións exclusivas. Referíndose ó
Sr. Vázquez Pallas, di que, tal e como deixou o PP o Concello, non pode xustificar unha
dedicación exclusiva para ese grupo, e que o grupo municipal do BNG non o vai apoiar.
Segue dicindo que a partida orzamentaria é a que hai, e que con dúas dedicacións máis
habería que modificala, que foi o grupo de goberno anterior o que aprobou estes
presupostos. Opina que a política é a liberdade para facer propostas, e que neste caso
pode asumilas, pero non as apoia.
O Sr. Sisto manifesta que existe unha vontade de chegar a un acordo de goberno, e que
se así a dedicación exclusiva do PSdeG-PSOE iría orientada cara ese fin, pero que non
entende que é o que hai que premiarlle ó PP despois dos últimos catro anos. Cre que
todas as propostas son respectables, pero que non entende ésta desde o punto de vista
político.
O Sr. Vázquez Pallas di que na súa proposta, aparte da dedicación exclusiva,
contemplan un funcionario de dedicación exclusiva ó servizo dos grupos políticos.
Segue dicindo que xa que o Sr. Alcalde manifestou que o anterior grupo de goberno
deixou mal o Concello, e o grupo municipal do PP non tería problemas en volver a
asumir o goberno. Di que piden unha dedicación exclusiva para PP e PSdeG-PSOE, e
media para INTEO, así como un funcionario de libre designación.
O Sr. Rego manifesta que, coa lexitimidade dos votos, éste era un compromiso
electoral. Opina que non se pode gobernar mirando ó pasado, e que ésta é unha cuestión
de bo funcionamento democrático. Di que asumen a proposta da Alcaldía, pero
engadíndolle unha dedicación para o PP e outra para o PSdeG-PSOE.
O Sr. Alcalde di que así habería que facer unha modificación na partida orzamantaria, e
que na súa proposta deben especificar a contía.
A Sra. Interventora Municipal, a petición do Sr. Alcalde intervén para dicir que a día de
hoxe isto non está contemplado na partida orzamentaria correspondente, e que habería
que facer unha modificación, en detrimento doutras partidas.
O Sr. Parajó di que INTEO representa a 820 veciños, e que cando se fale do seu grupo,
se faga con respecto. Segue dicindo que as propostas de INTEO as fai INTEO, e
ninguén máis, e que se hai un funcionario de libre designación, que debe ser para todos.
Opina que non lle gusta a proposta do Sr. Sisto, porque aceptarían a dedicación do
PSdeG-PSOE para que entre no goberno, e cre que o lóxico sería darlla tamén ó PP, que
ten máis concelleiros.
O Sr. Blanco di que a retribución que piden é de 38.000 euros brutos anuais para cada
un dos dous grupos.
O Sr. Rego opina que se podería tamén contemplar o facer dúas medias dedicacións.
O Sr. Alcalde cre conveniente que se fale entre os grupos para chegar a un consenso, e
anuncia un receso de cinco minutos.
Rematado o receso, o Sr. Blanco anuncia que o Sr. Rego vai expor a proposta conxunta
dos dous grupos.
O Sr. Rego di que a proposta é que se cree unha dedicación exclusiva para o PP e outra
para o PSdeG-PSOE, cunha retribución bruta anual de 38.000 euros para cada unha.
O Sr. Alcalde anuncia que o voto do seu grupo vai ser desfavorable a esta enmenda,
porque supón unha modificación da partida orzamentaria, dun presuposto que no seu día
aprobou o PP.
Sometida a votación a enmenda presentada por PP e PSdeG-PSOE, ésta acada once
votos a favor (dos grupos municipais de PP, PSdeG - PSOE e INTEO) e seis en contra
(do grupo municipal do BNG), polo que se aproba e se engade á proposta da Alcaldía,
que queda redactada como segue:
“Esta Alcaldía en uso das facultades que me confire a Lei, PROPOÑO que os seguintes
cargos teñan dedicación exclusiva:
• Alcaldía – Presidencia do Concello de Teo: retribucións de 47.195 € brutas
anuais
• Concellaría de Urbanismo, Vivenda e Infraestruturas coas retribucións de
38.000 € brutos anuais
• Concellaría de Educación e Mocidade coas retribucións de 38000 € brutos
anuais
Asimesmo PROPOÑO:
• A seguinte dedicación parcial: Concellaría de Cultura, Deportes e Comunicación
Social, que exercerá as súas funcións fóra da súa xornada de traballo por tempo
de 18 horas percibindo por elo 28000 euros brutos anuais.
• As seguintes dedicacións exclusivas: unha para un/ha Concelleiro/a do PPdeG, e
outra para un/ha Concelleiro /a do PSdeG-PSOE, coas retribucións de 38.000 €
brutos anuais”.

Anónimo dijo...

Como o PSOE de Teo lle entrega una Exclusiva ao PP de Armando Blanco... Agora temos todolos plenos na páxina web...

E LOGO OS SOCIALISTAS DICIAN QUE ARMANDO ROUBABA NOS SEUS PANFLETOS DE BUZONEO...

¿E LOGO QUEREN PACTAR?

Anónimo dijo...

2.714,29 Euros ao mes?????

¿E LOGO QUE FAI ESTA RAPAZA PARA COBRAR ESTA ANIMALADA DE SOLDO?

Anónimo dijo...

"a día de
hoxe isto non está contemplado na partida orzamentaria correspondente, e que habería
que facer unha modificación, en detrimento doutras partidas orzamentarias"

Grazas PP por seguir roubandolle ao Concello de Teo. Grazas PSOE por empezar a roubarlle ao Concello de Teo.

¿De que partidas prosupostarias se sacaron eses 76.000 € do PSOE E DO PP?

Anónimo dijo...

¿¿¿ DE QUE PARTIDAS SALIRON ESES 76000 EUROS ???

Anónimo dijo...

Pois hoxe escoitei falar a Martiño na Radio Galega. A verdade é que ten don de xentes e de palabra. Cada vez estou máis convencido de que o meu voto valeu a pena. Está con obras por todo o Concello, dixo. Parece que o está a facer bastante ben.Un saúdo para todos.

Anónimo dijo...

Esta a fcer obras? Mais ben esta a fcer chapuzas.. senon pasade por Luou, e mirade o que estan a facer. Eso son obras en condicións? Non, mais ben son chapuzas, que se baixen o sueldo todos un pouco e que vendan esas sillas de 750 euros cada unha... Que ademais recordo habelas visto na casa Tia Maria... e seguiran alí, o mellor...

E me pregunto eu... que fai Carme Dieguez por Teo? Educación? Mocidade? e cobra 38.000 euros!

E ke me dicides de Carme Hermida, 18 horas e 28.000 euros! Vaia xentuza, polo menos fireran algo... porke non se ve nada e xa imos pa un ano de goberno!

Anónimo dijo...

Bueno e olvideime antes de dicir, ke gustariame ver o desglose desdes 9.500 euros gastados no "roteiro de Cacheiras"

9.500 euros, por 50 sinalizacións, algúns folletos propagandisticos e que mais? E logo era o PP que gastaba cartiños... xa se ve xa...

Os pinguinos midense polos pes, os homes tamén.

Anónimo dijo...

si home si. Por fin fan algo quederedes dicir.

Anónimo dijo...

y te olvidaste de sandra... o no?

confundido