
Esta persoa comeza unha nova andaina. Así o reflexa a carta do mago que significa o comezo de algo novo, dunha etapa na súa vida que marca un punto e aparte no seu pasado. O mundo (2ª carta) mostra unha época de esplendor, de victoria, que sen dúbida lle pasará factura pois a terceira carta dime que esta persoa vai entrar nunha época de pensamentos profundos, de reflexión sobre o seu estado. Seguramente en algunha ocasión vai botar de menos a súa vida pasada. O futuro a longo plazo tráelle máis dun quebradeiro de cabeza que o sumirá nun estado de soidade que desde logo influirá na súa profesión actual.
Jano Leis:
Este home non deixa de pensar naqueles maravillosos anos . Trata de encontrar unha explicación á situación na que se atopa neste momento, cando todo lle era favorable no pasado: en qué puido equivocarse.
O futuro a corto plazo non lle traerá grandes sobresaltos. Pouco a pouco asumirá a situación actual e collerá novos folgos para comezar unha nova etapa.
O xuizo da xente (4º carta) seralle favorable e asumirá unha nova época na súa vida con forza, sabendo que, por fin, a xustiza existe. Estes arcanos mostran que esta persoa vai asumir un cargo importante no seu futuro.
Armando Blanco:
Armando Blanco síntese forte. Ten unha grande confianza en sí mesmo. Vive un pouco no pasado sen decatarse da situación na que se atopa.