Qué risas nos botamos lendo a web de Alternativa Galega. O mellor está no artico no que explican as bondades da nova páxina web. ¿Quen sería o artífice de tal despropósito de artigo? En fin, si estos son os que nos van gobernar...
Extracto do artigo:
César Santiso, concelleiro da Coruña e responsable
nacional de comunicación de EU, indico [Isto pasa por meter a xente de La Coruña, que se lles vai o castellano...] que “en coherencia co noso
programa, a nosa web inclúe ferramentas de participación cidadá e
transparencia [Na web o único participativo é o Facebook e Twitter, os comentarios aos artigos están pechados, ¡viva a libertade de expresión!], como non podía ser doutra maneira e a [sic] diferenza doutras
forzas políticas facemos o que dicimos, así propoñemos que os galegos e
galegas poidan democraticamente revocar as Leis que consideren inxustas e
ineficientes antes de iniciar o seu trámite parlamentar [sic] mediante
ferramentas de voto electrónico como sucede noutra [sic] democracias máis
avanzadas como Finlandia ou Islandia ou a través de
referendo popular.
Asemade propoñemos unha Lei de Transparencia que
permita á cidadanía poder controlar e inspección [sic] a acción de goberno e a
actividade institucional, tanto na Xunta de Galicia como das
Administracións locais galegas, mediante o acceso aos expedientes
administrativos, até onde permita a lexislación (Lei de protección de
datos), nomeadamente todos os datos relativos aos expedientes de
contratación e subvencións [Esto último, con tal redacción, non se entende nin papa].
Xa que logo [Qué cursi, ¿non?], comezamos a aplicar as nosas propostas de empoderamento
da cidadanía na nosa propia organización, tanto coas actuais ferramentas
participativas de cara a [sic] campaña [Á parte do Facebook, Twitter, e Google+, ¿que outras ferramentas teñen?] como as que incorporaremos para o
desenvolvemento da actividade do grupo parlamentario [¿Cales son esas ferramentas? ¿Por que non as nomea? ¿Existen? Qué van existir...].
Tamén aplicamos a
transparencia na nosa web, amosando en directo os actos centrais de
campaña [¿Iso é transparencia? Iso é propaganda electoral; ¿acaso o resto de grupos agochan as datas de celebración dos seus actos de campaña? ¿Qué clase de transparencia é esta? ¿Están de broma? ¿Tómannos por tontos?] e subindo posteriormente a [sic] web os vídeos íntegros en calidade
sen cortes [Pois preferimos un vídeo editado, que a ver quén pode aguantar dúas horas de vídeo... A edición non é censura, senón adicarlle unhas horas de traballo para facilitarlle as cousas ao votante... pero iso supón tempo e traballo. Non nos queiran vender transparencia cando queren dicir que teñen poucas gañas de traballar], como fan o resto de forzas políticas [¿Todas fan iso, están seguros?].
Santiso explico [Outro ramalazo Coruño...] que
estas ferramentas estan [sic] a ter unha grande aceptación entre os
cibernautas, así por exemplo mentres máis de 500 persoas ateigaron o
local no acto de Teo do pasado sábado [¿E logo onde foron parar os utros 500 que seica Martiño encheron o restaurante Pórtico? Moi mal Martiño, pilláronte os teus propios colegas...], onde, case outro medio millerio
de persoas seguiron o acto en directo a través de streamen [Está claro, Martiño contou con estes outros 500 ---que non foron 500 senón menos de 300, xa están a mentir...--- , que non se sabe moi ben cómo, tamén ocuparon espacio no Pórtico... ¡qué cousas hai que oír!... E non vos perdades o palabro "streamen"... dito por un director de comunicación... ].
Artigo completo en: http://alternativagalega.com/alternativa-galega-de-esquerda-presenta-sua-web-centrada-na-participacion-cidada/
lunes, 8 de octubre de 2012
domingo, 7 de octubre de 2012
Inaudito: Martiño responde ao PP de Teo a través de Beiras!
-- Papá, papá, estes nenos malos do PP de Teo estanse a meter conmigo. Din que non traballo e que só me preocupo das eleccións e de facerche as beiras... e que teño ao concello está abandonado.
-- Non te preucupes, que xa lles mando eu unha mensaxe no mitin desta tarde...
-- Grazas, papaíño.
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
13:55
0
comentarios


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
jueves, 4 de octubre de 2012
Uso ¿ilegal? dos espazos electorais
Están a colocar os paneis para pegar os carteis electorais, e a sorpresa foi máxima cando puidemos ver cómo algún deles, como se ve na fotografía adxunta, tomada no Montouto, xa ten pegada propaganda electoral.
Neste caso todo fai pensar nunha pre-campaña do novo grupo de Anova-IU, Alternativa Galega de Esquerdas, "comandado" por Beiras e o seu delfín Martiño.
Descoñecemos a Lei Electoral (La Xunta infringe la Ley Electoral por sexta vez desde la convocatoria de las elecciones), pero este tipo de actuacións parece a todas luces ilegal. ¿Se o PP ou o PSOE pegara carteis antes de tempo, non sería criticado?
Polo que se pode ver na fotografía, non é un acto illado no sentido de que non é o típico grafiti senón que está currado, isto está feito por un profesional...
Neste caso todo fai pensar nunha pre-campaña do novo grupo de Anova-IU, Alternativa Galega de Esquerdas, "comandado" por Beiras e o seu delfín Martiño.
Descoñecemos a Lei Electoral (La Xunta infringe la Ley Electoral por sexta vez desde la convocatoria de las elecciones), pero este tipo de actuacións parece a todas luces ilegal. ¿Se o PP ou o PSOE pegara carteis antes de tempo, non sería criticado?
Polo que se pode ver na fotografía, non é un acto illado no sentido de que non é o típico grafiti senón que está currado, isto está feito por un profesional...
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
10:55
0
comentarios


Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest