O que vos imos contar parécenos
incrible, por iso pedimos a vosa
colaboración para coñecer por outras fontes se o que nos comentaron é unha broma ou a realidade en Teo volve a superar á ficción.
Resulta que nas obras da estrada
Santiago - A Estrada, a AC-841, que está plantando de rotondas esta estrada, se r
emataton os cartos. A constructura rematou os cartos do proxecto e plantará a obra, quedando como está. ¿Que significa iso? Pois que as beirarrúas desde a rotonda de Catro Camiños ata a Casa do Concello non se farán. Os arboliños sí, pero
quedará de terrra, tal e como está agora: ou sexa, o que sae nas fotos que publicamos
é a obra final.
Non é unha broma.A beirarrúa da dereita quedará de gravilla. Tramo que remata na rotonda do colexio.
Cando chova, a saber qué pasará...
Tramo esquerdo, mirando cara ao norte, cara Cacheiras.
Tramo dereito, mirando cara ao sur, cara A Ramallosa.