sábado, 22 de octubre de 2011

Waka-Rumor: ¿quen financiou a campaña do PP de Teo?

A campaña do PP de Teo estivo apoiada economicamente non só polo PP galego, senón que tivo máis apoios. Cóntannos que o propio Guerra gastou cartos do seu peto e ademais aparcería en escea unha coñecida empresa de Teo, moi relacionada coa Xunta... ¿un apoio económico interesado?

viernes, 21 de octubre de 2011

Coche da DGT e Policía Local ¿cometendo infraccións?



O que nos temiamos era certo; nas noticia pasada comentabamos que na foto do radar parecía que o coche da Policía Local e da DGT estaban estacionados nun carril da estrada.
Tivemos que ir ao lugar explicitamente para comproba-lo e nas fotos do lugar pódese ver claramente como hai un sinal de STOP e unhas liñas de sinalización de carril. E ata parece que está estacionado o mesmo coche negro que se víá nas fotos.
Polo tanto:
  1. Tanto a Policía Local como o coche da DGT estaban estacioandos de forma incorrecta, ¿merecedores dunha multa? 
  2. Para máis inri, ¡estacionados en sentido contrario á circulación!
¿Esta é a clase de comportamento que deberiamos esperar das forzas de seguridade? ¿Acaso poden campar ás súas anchas por onde lles peten?
E logo, con razón, o Sr. Parajó se queixaba de que lle puxeron unha multa por aparcar no sitio reservado á Policía Local na Ramallosa. ¡Pero se eles aparcan como lles da a gana!

jueves, 20 de octubre de 2011

Radar en Augas Mansas



Xa comentamos que estes días estaba a circular o coche da DGT para facer controis de velocidade e de alcolemia por Teo. Os primeiros días situáronse pola zona de Luou e xa diciamos que axiña os veríamos por Augas Mansas, unha zona limitada a 40 km/h e que xa indica que é zona controlada por radar, aínda que todos sabemos que non había tal radar. Ata hoxe.

Acábannos de achegar unhas fotos da presenza do radar en Augas Mansas (cremos que de onte ou de hoxe, non especifican) das que lamentamos a calidade, pero deben de estar feitas desde un coche en marcha, pero dannos para apreciar algúns detalles:

  1.  O coche da DGT e da Policía Local, ¿están estacionados nun carril de circulación? Tal parece que debaixo do coche da DGT hai un sinal de STOP. ¿Iso non é unha infracción?
  2. O radar non está situado no propio coche da DGT como noutras ocasións, senón que é portátil, está a pé de rúa, situado ¡enriba da estrada!  Onde está parece que é unha praza de aparcadoiro. ¿Iso non é outra infracción?
  3. O radar está manipulado por axentes da Policía Local, pero indícannos, aínda que non se ve na foto, que a lo menos había 3 axentes. ¡3 axentes para facer un control de radar! Como si sobraran para patrullar por Teo... (Non podemos confirmar esto último, xa o dicimos)
  4. O radar está colocado "estratéxicamente" detrás da marquesiña do bus... ¡para non ser vistos! Por favor...
  5. Se son estrictos coa limitación de 40 km/h, o 99% dos conductores poderían ser multados. Quen circule por ahí sabe que 40 km/h é un límite demasiado baixo, tendo en conta que, aínda que sexa zona residencial, hai beirarrúas para que a xente pasee por elas e nunca se ve a nenos xogando (que sería o realmente perigoso). Hai máis probabilidade de atropelar un can ou un gato que a unha persoa... salvo os que van pola estrada tendo beirarrúas.... como comentabamos onte.

miércoles, 19 de octubre de 2011

Pasear por Teo, tarefa perigosa

Pasear por Teo estase a converter nunha tarefa moi perigosa, pois á falta de visibilidade e falta de beiravías, a maleza que se pode ver nalgúns puntos fai que a persoa que camiña pola estrada eña que invadir boa parte dela, o que fai a risco de ser atropelado.
A todo isto hai que sumarlle que cada vez hai máis xente que está a usar as estradas como campo de entrenamento, ¿quizais para participar na vindeira Carreira Pedestre?, e é habitual ver en zonas como Augas Mansas moitos destes "corredores" que non usan a beirarrúa (acera) senón a beiravía (arcén).
Por útlimo sinalar que, como xa apareceu algún xornal, a Garda Civil estaba a multar á xente que circulaba pola noite sen o chaleco reflectante. Trátase dun bo xeito de concienciar. á xente para que faga uso deste elemento que en moitos casos é vital para ser visto por un/ha conductor/a.
¿Qué pode facer o Concello? En primiero lugar, limpar as beiravías, cheas de maleza de novo, tralo verán. Tamén habería que pensar en mellorar a iluminación de certas zonas do Concello; non para ver, senón para ser vistos. Tamén podería establecer controis coa Policía Local para "aconsellar" a esta xente a que use o chaleco reflectante.
E, por que non, facer unha campaña do uso do chaleco, da man de Protección Civil, como regalando este elemento en lugares públicos como o Concello, Centro de Saúde, etc. Se na anterior campaña se regalaron libros, por qué non chalecos. Hai anos unha entidade financeira xa os regalaba, o cal sempre nos pareceu unha grande idea.

martes, 4 de octubre de 2011

Non estaba morto, estaba de parranda

Tras unhas non-merecidas non-vacacións volvemos por aquí con máis forza que nunca, tomando o espírito dos indignados, porque son tempos para estar indignados por todo, de todos lados nos dan razóns para estalo.
Para os que crían que estabamos "mortos", dicirlles que estabamos de parranda, como dí a canción.

jueves, 25 de agosto de 2011

Hai que ser mesquiño para cobrar por oficiar unha boda!

Atentos á nova que aparcía onte:

Teo regula la tasa por prestación del servicio de celebración de boda civil


As taxas empezan en 75 EUR se o casamento é dentro do Concello. Cunha tasa de 30 bodas ao ano, o Concello recaudaría 2.250 EUR. ¿Nos vos parece mesquiño cobrar por isto? ¿Cal é o gasto real para o Concello? ¿Acaso non é de mesquiños cobrar por iso?

Entendemos que o casamento é un acto máis que xa debería entrar na carteira de servizos do alcade ou concelleiros, que para iso teñen un soldo. ¿Para quen vai eses cartos?

¿Cobraríalle o actual alcalde os 75 EUR ao seu irmán ao que casou hai unhas semanas? Se o que oficia é Parajó, por poñer un exemplo, ¿cobraría algo? ¿Teremos que pagarlle aos concelleiros cada vez que fagan algo que xa lles tería que or no cargo, como por poñer un exemplo asistir aos plenos?

Non nos cadra moito que sexa unha iniciativa do alcalde e xusto que salga agora, cando éste está de vacacións, non nons cadra moito, semella como se fose unha iniciativa do grupo municipal pero da cal o alcalde se quixera desvincular por non estar conforme. O cal non nos estrañaría nada.




O novo asfaltado xa se vai cobrando víctimas

 O novo asfaltado estase xa a cobrar as primeiras víctimas, de momento só con danos materiais. Así nolo indica esta persoa que nos comenta dun accidente acontecido onte nunha pista de Balcaide recentemente asfaltada; como se pode ver, ao parecer un conductor perdeu o control do seu vehículo que quedou envorcado nunha zanxa, na cuenta para ser precisos.

As novas pistas están a presentar este problema: as pistas son estreitas, e as beiravías demasiado estreitas, nalgúns casos inexistentes, o cal provoca que ao máis mínimo despiste, o coche se saia da estrada. Co agravante de que as cunetas quedan moi altas.

E non só e un perigo para os coches, senón para os peóns, que moitas veces non teñen para onde apartarse cando pasa un coche preto deles.






viernes, 19 de agosto de 2011

¿Unanimidade no Concello para mete-lo zoco?

Esta entrada pode provocar polémica, así que tentaremos expor a nosa postura para que non se malinterprete. O asunto trata desta noticia: Non queremos a Volta en Galicia sen Ezequiel, na que se explica como "o Concello demanda á Federación Española de Ciclismo resolva o expediente aberto a Ezequiel Mosquera xa que, sen estar sancionado, Ezequiel non pode competir [na Volta a España 2011] á espera do pronunciamento por parte da Real Federación Española de Ciclismo".

E como se ve na foto, vén avalada por tódolos grupos, incluído o PP, cousa que sorprende xa que cando estaba no poder case que "despreciaba" a Ecequiel, aínda agora parece que xa pensan doutro xeito, o cal está ben por rectificar.

¿Debería meterse o Concello nesta clase de apoios a deportistas? O caso Ecequiel todavía non está resolto pola Federación e, sendo totalmente escrupulosos, ata que non resolva, non hai nada que facer. A Federación Española ten as súas normas e un ente foráneo coma o Concello non ten nada que facer nin dicir. E menos como representantes institucionais. Porque se resulta que ao final resolven que será sancionado, ¿con que autoridade moral un Concello que me representa pode apoiar a un "tramposo"? ¿Que pensaríamos se o Concello apoiara a Mourinho (ou Guardiola, que aquí hai moito culé), por poñer un exemplo, porque a Federación lle puxo unha sanción? ¿Non resultaría estraño? Todo o mundo se botaría as mans á cabeza.

Esto resulta resulta dun artificio e hipocrisía que dá que pensar, un acto totalmente de cara á galería. Sen pés ne cabeza. E sen pés nin cabeza por parte do PP (que ata o de agora non apoiou ao deporte base do Concello nin moito menos a Ecequiel) nin do Bloque. ¿Acaso non quedan aínda pintadas polo Concello do tipo "Volta a Espanha, fora da Galiza", toda unha frase propia do ideario do Bloque? ("Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.").


O que queda claro é que este Concello, sen o alcalde, vai á deriva... nacionalista.




NOTA: Para quen pense que estamos en contra de Ecequiel, xa lle adiantamos que está radicalmente errado, e poderíamos ir "máis alá", pero non é o caso.


martes, 9 de agosto de 2011

Incendios en Teo: Nunca Máis

Unha imaxe vale máis que 1000 palabras, di o dito. E achegarse a un monte tras un incendio produce unha desazón indescritible. Mostramos algunas imaxes de montes de Teo (zona de Fornelos e Oza) tras os incendios. Sen palabras.







miércoles, 3 de agosto de 2011

Pontevea non queda sen Servizo médico

Non hai como petar ás portas para obter resultados. O Centro Médico de Pontevea, pechado por vacacións, seguirá atendendo aos seus pacientes, pero en Cacheiras.
Os pacientes asignados a este centro, atendidos pola Dra. Pérez Villalva, no mes de agosto serán citados na axenda da mesma profesional, pero no Centro Médico de Cacheiras, no mesmo horario que en Pontevea.
De xeito que ninguén quedará sen o servizo.