viernes, 27 de diciembre de 2013

¿Onde estivo o responsable de infraestructuras durante a crise?

Desaparecido en "combate" estivo o responsable da crise. Nin unha soa mención ao rimbombante concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Seguridade Cidadá, o señor Rafael Sisto. Moito cargo e nula xestión.

Un concello en alerta vermella xa previsto con días de antelación, e o responsable sen mover un dedo.

O único que sacan no Concello é unha nota redactada por a saber quen, queixándose de que non lle contestan no servizo de atención ao cliente de Fenosa. E o alcalde, chorándose polo Twitter... Ridículo, patético, intolerable. (Todo isto fainos botar de menos ao anterior alcalde Armando quen, nos momentos de crise, estaba sempre a carón dos veciños).


Un desmadre de Concello. Un Concello á deriva. De novo, un concello bloqueado.



sábado, 21 de diciembre de 2013

"O vello se resiste a morrer"

"Cohabitamos co ruído que deixan os monstros que emerxen cando o novo non acaba de nacer e o vello se resiste a morrer". Martiño Noriega.


viernes, 13 de septiembre de 2013

Esta era a política de Beiras, Martiño e afíns, cando governaban...

Memoria histórica. Está era a política contra incendios de Beiras, Martiño e afíns, cando governaban... porque daquela eran do BNG e, polo tanto, partícipes destas historias.


Ano 2008. Los chiringuitos de la Xunta
Como dice el viejo refrán: "el que a buen árbol se arrima, buena sombra le cobija". Pero aquí en Galicia, con el gobierno bipartito, mejor que buscar un buen árbol, hay unos cunatos que prefieren ir directamente a la Xunta y cobijarse en uno de los muchos chiringuitos, donde reposan, prosperan y engordan los amigos del "tuneador" Touriño.

Ver completo

26/08/2010
Los comités de empresa de la Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga) comparecieron ayer para dar lectura a un manifiesto en el que cuestionan los medios y formación de los trabajadores de esta entidad ocupados en la lucha contra el fuego. En un comunicado remitido por la CIG y en el que se emplea la fórmula «Xunta de Galiza», denuncian que la empresa no cumple las normas básicas de prevención y responsabilizan indirectamente a la empresa de las muertes de dos agentes en el incendio de la localidad pontevedresa de Fornelos de Montes.
Ver completo

5/2/2009. Los sindicatos acusan al Bloque de colocar a 30 candidatos en la Xunta 
Desde concejales del Bloque en ejercicio [..], hasta una treintena de militantes y simpatizantes que en los últimos años formaron parte de las listas del BNG como candidatos o suplentes. Los sindicatos denuncian que todos ellos han encontrado trabajo en la Administración paralela de la Xunta, sobre todo en organismos controlados directamente por los nacionalistas, entre los que destacan el Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar o la empresa Servizos Agrarios Galegos (Seaga).
Comisiones Obreras ya denunció el mes pasado que el Bloque convirtió en verdaderos «chiringuitos clientelares» algunos de los órganos administrativos creados tras su llegada al Gobierno autónomo[...].


5/2/2009. Varios militantes en la provincia de Ourense encontraron un trabajo en Seaga
La empresa pública Servizos Agrarios Galegos (Seaga), dependiente de la Consellería do Medio Rural, que dirige el nacionalista Alfredo Suárez Canal, fue puesta varias veces en la picota por sindicatos como CC.OO. y CSI-CSIF por entender que este ente instrumental iba a ser utilizado como un «chiringuito» para contratar sin los preceptivos controles administrativos al personal adscrito a las brigadas contraincendios [...] permitieron colocar en la Administración paralela de la Xunta a varios candidatos y militantes del Bloque. [...] Los supuestos casos de «enchufismo» identificados por los sindicatos en Seaga son especialmente relevante en Ourense, la provincia natal de Quintana y Suárez Canal.
Ver completo

Incendios forestais en Galicia.

Incendios forestais en Galicia. Para non olvidar. Non temos máis que dicir.




INDIGNACION: Xa está ben de apoiar a TERRORISTAS


Xa está ben de apoiar a terroristas, condenados. Xa estamos fartos de que a ANOVA, con Beiras á cabeza e Martiño de segundón,  lle pareza excesiva a condea a catro terroristas. A nós parécenos pouca. ¿Como pode ANOVA apoiar aos que puxeron unha bomba en TEO? ¿Que clase de política apoia ANOVA? Xa estamos fartos e indignados!


Una sentencia declara grupo terrorista a Resistencia Galega 

Beiras, sobre la sentencia de Resistencia Galega: «Asistimos a un estado de represión no que auténticos delincuentes como Urdangarin pasean pola rúa»






miércoles, 31 de julio de 2013

Avalancha de críticas a Beiras (e a AGE) por bocazas


Beiras está cada día más desfasado, xa non sabe qué dicir para seguir na palestra. Estas son algunhas das animaladas que soltou, moitas delas froito da ignorancia e desprezo ás víctimas. E todo polo poder:
 
Beiras culpa al Gobierno de la tragedia de Santiago al asegurar que «os mortos son seus»
[...] La política de recortes y las «mentiras» sobre la alta velocidad están, a su entender, tras el siniestro. «Os mortos son seus», ha espetado. 
Beiras parece con saber que él é tan responsable como os que gobernan, porque él está na oposición e forma parte do "sistema". Se sabía que había problemas, o seu deber era denuncialos. Cousa que non fixo. Polo tanto, sr. Beiras, parafresandoo, os mortos tamén son AGE.

[...] «A carencia desas disponibilidades é a causa, ou unha das causas, da traxedia doutro día».
Visiblemente «exasperado» [¿non será cousa da idade?] como él mismo ha calificado su actitud, ha sentenciado que «os mortos son seus». «E as mentiras», ha apostillado, en alusión al argumento de que la línea donde ocurrió el accidente no era de alta velocidad y, por lo tanto, no estaba dotado con las mismas medidas.
Debemos  puntualizar que o sr. Beiras se equivoca de cabo a rabo, ou o enganan, oun non se entera da misa a medias. Se non sabe o qué Alta velociadade, que se retire. Non vamos a dicir máis que o que xa veñen nos medios e que parece que Beiras non le. Falamos dos medios oficiais, non dos seus panfletos e tuits da súa prole.
Só puntualizar que o modelo de tren sinistrado, a serie Alvia, sí que conta co sistema RTMS tan comentado ultimamente, e a vía tamén conta con dito sistema. A resposta de por qué non estaba activado comentouna en contadas ocasións o responsable da RENFE. Ou Beiras non se entera ou non que quere enterar, porque non é unha cuestión de recortes, senón un tema puramente técnico.

A todo ello ha unido el parlamentario de AGE críticas al funeral oficial por las víctimas celebrado en la Catedral de Santiago: «¿qué raios ten que facer a Igrexa católica nun Estado aconfesional?»
¡Bravo, sr. Beiras por respectar a liberdade relixiosa! ¡Bravo! ¿O próximo que será, apresar aos votantes do PP? ¿Isto non lle sona a dictadura?

E como colofón, algúns comentarios que despertou Beiras nos medios, feitos por lectores de La Voz de Galicia:

  • Beiras o coitado xa non está para sustos. Está para dalos, pero nada mais. 
  • Para Beiras cualquier muerte es provocada por el PP.  
  • Vergonzoso. También son mis muertos y los de todas las personas honradas 
  • El clown Beiras. Vamos , que los católicos no le pueden hacer una Misa a sus muertos porque a Beiras no le gusta. 
  • Por favor, ¿Que le vamos a pedir a un chiflado? Claro, la clack que le secunda es como él.
  • Os políticos que utilizan os mortos nunha traxedia coma a de Santiago para intentar gañar votos, como por exemplo, esta a facer o Sr. Beiras, terían que estar inhabilitados para exercer cargo público de por vida.
  • Sinvergüenzas como este no deberían de estar en el Parlamento
  • ¿Que podemos esperar de quen se reune e defende terroristas?
  • Como siempre, rastrero. Trata de pescar votos en los tanatorios.
  • Este "chico" hace mucho que perdió el norte
  • Algunos partidos deben buscar a sus diputados en psiquiatricos!
  • Beiras que hable, que le escucharán los suyos, los incondicionales, los que defienden a RG
  • Afortunadamente, el pueblo gallego ha tenido siempre la suficiente inteligencia y decencia como para no darle ninguna responsabilidad a este sujeto
  • Este tipo da asco!!!!. É un ser ruin e mezquino.
  • Pero este señor esta bien de la cabeza?
  • Pero lo pensó él o se lo susurró el zapato?
  • A verdade é que estás un pouco chocho.
  • Senil. Ya no son víctimas, ni personas. "muertos"




 






domingo, 28 de julio de 2013

Políticos que non estiveron á altura e nunca o estarán

Cando hai unha traxedia, nós, incautos de nós, pensamos que a clase política deste país e desta comunidade estarían á altura, pero tristemente puidemos ver que non foi así.

Os veciños de Angrois e de Santiago déronlle unha lección a todos estes políticos de pacotilla actuando do xeito máis racional posible: axudando todos unidos, xa fora axudando directamente no lugar do accidente, ou doando sangue.

Ourto exemplo de civismo. Noite do 24 en Santiago. Ateigada a praza do Obradoiro, ésta foi baleirada sen incidente ningún. E a pesar de que nos medios se falaba de que millor era con acceder á cidade polo caos de tráfico, realmente non había ningún caos. Ás 11 da noite a circulación en Santiago era totalmente fluida.

Os servizos públicos de emerxencias parece que funcionaron correctamente e en moitas ocasións se falou de que "sobraban" medios, como médicos ou mesmo ambulancias. ¿Estiveron ben coordinados? Desde fóra parece que sí.

As autoridades reaccionaron axiña: tanto a visita do Rei como dos príncipes, fíxose sen esperar. A visita dos príncipes quizais innecesaria, pero iso é opinable casi máis por motivos protocolarios que por outros.

E chegamos ao punto dos políticos...

A nivel estatal, non podemos negar a visión de estado do PSOE estando Rubalcaba ao lado de Rajoy visitando a zona sinistrada. Nos tempos que corren e tras os acontementos dos días pasados (moción de censura á vista), este sentido de estado é de agradecer.

A nivel autonómico, unha decepción.

Foi curioso ver, ou mellor dito, non ver, ao líder (se se lle pode chamar iso) dos socialistas galegos, Pachi Vázquez,  facendo declaracións. Só o vimos xunto a Rubalcaba. Non o entendemos.

O sr. Jorquera, qué dicir... que foi o primeiro en facer declaracións apresuradas. Nótabaselle que tiña o cú de palla... Cando empezaron os rumores de posible atentado (vísperas do 25 de xullo, indudablemente tira a atentado de nacionalistas), foi raudo e veloz para dicir que o Ministerio de Interior desbotaba tal posibilidade. ¡O líder do BNG confiando no Ministerio de Interior de España! Inaudito... Cando foi o 11-M non confiaban tanto nel. E cando foi o Prestige, tampoco. ¿Por que agora sí?

Aínda non están aclaradas as causas do accidente e non se pode desbotar ningunha posibilidade. A posibilidade de que fora un atentado dun grupo terrorista nacionalista galego non se pode descartar aínda. ¿Por que descartala tan axiña? ¿Que interés hai en descartala?

Os terroristas son uns asesinos, criminais, e malnacidos que poden perfectamente  cometer un atentado que derive nunha traxedia como esta (e sabemos que xa o intentaron en veces pasadas). E alegraríanse de cometer unha desgracia deste calibre. É o seu obxectivo, non o esquezamos nunca. Así pois, que o Sr. Jorquera... resulta... 

¿E que pasa co resto das forzas? De risa.... por non dicir outra cousa.

En AGE, ou Anova, ou como se chamen,  a súa obsesión é relacionar os recortes co accidente. Unha actitude totalmente noxenta, que provoca vómitos só de pensar que se pode chegar a tal grao de ruindade. Facendo caso de artigos de opinión que saen na rede, e sen un mínimo de interese en contrastar nada, defenden a postura de que os recortes provocaron o accidente e ¡defenden a morte ao maquinista! 

Non vamos a debatir aquí sobre como funcionan os trenes porque é inutil falar destes temas con ignorantes que se cren todo o que len e agora van de técnicos (nós levamos anos, porque somos xente culta e curiosa, coñecendo cómo funcionan os trenes, qué sistemas usan, que é a alta velocidade, qué é unha baliza, cales son as funcións dun maquinista....). Xente ignorante, que se cre o que lles parece e que ocupan cargos públicos. ¡E divulgan a súa ignorancia polas redes sociais!

E o "vello" é o cabecilla deles. Tiñámolo por unha persoa intelixente e ben formada, pero parece que se o quitas da política e a economía, do resto non sabe nada. Un inculto, vamos. Porque cultura é saber de todo, non solamente do "seu". Aínda non sabemos cómo pode escribir no twitter e facebook (bueno, chíannos por aí que "llo escriben"...)

En fin, que ante este panorama, está visto que os que presumen de estar con Galiza son os que peor se portan con ela e os que se aproveitan das desgracias dos galegos para facer política. A iso chámase carroñeros.

miércoles, 24 de abril de 2013

Ó vello fóiselle a cabeza. Sabiamos que algún día tiña que ocurrir...

Ó vello fóiselle a cabeza. Sabiamos que algún día tiña que ocurrir...
(E máis cedo que tarde faleremos do golfiño).

lunes, 15 de abril de 2013

Entorno da Burga: a vergoña de Martiño e o seu equipo



A nova destes días con é máis que o reflexo do que xa denunciamos aquí hai xa dous anos:
O entorno da Burga, abandonado polo Concello 


É unha vergoña que en dous anos non se fixera nada, salvo corta-lo paso a vehículos. E logo a xente aínda se sorprende de que pasen cousas... e menos mal que non houbo desgracias personais, que podería habelas.

Esta é a noticia que saltaba aos medios:
La crecida del Ulla engulle el acceso a la burga de Teo
El servicio de Protección Civil de Teo acordonó ayer por la mañana este vial, que no es la primera vez que sufre un problema de estas características, aunque el anterior desplome fue de menor entidad, en otro punto de la misma carretera y también en un momento de climatología adversa.
E os responsables do Concello, raudos e veloces para botar balóns fora, ultimamente xa son demasiados os balóns que teñen que botar fóra que xa se podían xuntar con Urdangarín, experto en balóns, e así foron as súas reaccións:

Protección Civil xa estivo alí para sinalizar a zona indicando que queda prohibido o paso. Trátase dunha vía na que dende o 2010 non se permite o acceso de vehículos. Esta decisión xa se adoptou pola perigosidade desta estrada que ten presentado problemas de fundimento nas beiras con anterioridade.
Web do Concello de Teo.
 ¿Que podemos dicir? Dous anos sabedores do problema e dous anos sen facer NADA. Incrible.

Chover chove e os encoros ábrense.Dende hai unhas horas o Ulla levouse 25 metros dun acceso peonil á Burga (Pontevea)
Twitter de Martinho Noriega
Polo que parece, a culpa é da chuvia (obvio) e dos encoros que se abren. Lóxica aplastante. É culpa de todos menos dos que estiveron dous anos sen mover un dedo para arranxar a situación.


O acceso á Burga está garantido por outra estrada. Esta vía xa estaba pechada ó tráfico de vehículos.
Facebook do Concello de Teo.
Patética resposta do Concello.¿Alguén escoitou algo de vaian a arranxa-lo problema?



 

 

viernes, 5 de abril de 2013

Traballar en Teo: só para ricos. Asinado: Martiño Noriega

Traballar en Teo é, grazas ao noso alcalde, só para ricos. ¿Por que dicimos isto? Pois porque non hai máis que ler o recente "CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DAS LICENZAS DE AUTO-TURISMOS, CLASE B, DO CONCELLO DE TEO" (fixarse quen o asina). 
No concurso, no que se adxudican ata 8 licenzas para taxi, o importe mínimo de licitación é de 15.000 €, mellorable á alza.
Así é como este goberno apoia a creación de emprego...


 

 

jueves, 4 de abril de 2013

AnovaTeo: ¿Realmente está en contra dos desafuizamentos e as preferentes?



¿Por que ninguén fala doque Anova Teo ten no seu programa político sobre os desafiuzamentos?

¿Por que ningúen fala do que leva no seu programa ao respecto das preferentes? ¿Terá algo que ver o feito de que un deles traballe nunha caixa de aforros? ¿Recomendarían tamén el algunha preferente?

As preguntas quedan aí para quen as queira contestar...



viernes, 29 de marzo de 2013

Definicións


tileiro
s.m. Árbore da familia das tiliáceas, do que existen varias especies, de tronco recto, copa ampla de forma oval, follaxe densa que dá moita sombra, follas en forma de corazón e flores branco amareladas moi recendentes.

cazo
s.m. 1. Recipiente de cociña con mango [...] 2. Utensilio de cociña [...] 3. Recipiente [...] 4. Accesorio metálico dalgunhas máquinas[...]
Poñer o cazo. col. Aceptar un suborno. Todo o mundo sabía que era amigo de poñer o cazo.





jueves, 28 de marzo de 2013

Subida de taxas en Teo... un 400%



Para os que non cren moito nos rumores, non hai nada mellor que as hemerotecas. Rescatamos aquí unha moción do alcalde nun pleno de maio de 2012, no que pretendía unha suba de taxas de ¡ata un 400%!
"Sin embargo, el toma y daca de apoyos se acabaría antes la pretensión de los no adscritos de elevar las tasas urbanísticas, que según el PSOE crecerían hasta  “o 400% na  segregación de parcelas urbanas, ou do 300% de media nas licencias de construción”
El Correo Gallego
Pois este é o obxectivo programático do actual equipo de goberno: subida de taxas para tapa-lo burato millonario que hai no Concello de Teo, e sobre o que entraremos de cheo en breve, para que a xente coñeza o estado real das contas.

miércoles, 27 de marzo de 2013

WakaRumor: Impostos


Segundo o programa electoral de Anova Teo, ¿subida inminente de impostos e taxas municipais en Teo?

O que nos faltaba...

Chapuza nos Tilos: O responsable de infraestructura, bota balóns fóra



Un bo artigo en El Correo Gallego sobre a situación dos Tilos:
El gobierno de Teo culpa de los fallos en Os Tilos a los técnicos
La rúa Castiñeiro sigue embalsando cuando llueve, y lo achacan a la dirección facultativa del proyecto // La oposición exige más supervisión en obras públicas
Queda patente neste artigo a total falta de responsabilidade dun primeiro tenente de alcalde,  responsable das áreas de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Seguridade Cidada, que está a cobrar un bo soldo por... ¿rascarse aí abaixo? 

Resulta paradóxico, e á vez preocupante, que o único que se dignou a dar unha volta por Os Tilos, e disto hai xa uns cantos anos, trala finalización das obras, fora o Sr. Parajó, quen xa daquela alertou de certas deficiencias. Si, o Sr. Parajó xa avisou hai unas anos de que as cousas non se estaban a facer ben. Pero o Sr. responsable tiña cousas máis importantes das que preocuparse. Non sabemos cales, pero esperamos que as explique...

Estaría ben saber a que se dedica este responsable porque o que é supervisar as obras, e desta vez estamos a falar de case medio millón de euros, desde logo que non. O único que fixo no pleno foi botar balóns fóra e culpar aos técnicos. Así calquera ten un posto coma o seu, ¿non si? En fin, o peor de todo é que se despilfarran os cartos e ninguén asume responsabilidades...


¡Ollo ao dato! En Teo cobran por recibir curriculums...


Están a chegar rumores de que nalgún sitio (de momento non poremos nomes ata verificarlo) estase a dar a situación de que están a cobrar por recibir curriculums de demandantes de emprego.
Temos información precisa de quen se dedica a facer isto, pero de momento non daremos nomes, e vos pedimos información ao respecto se alguén ten máis datos, para asegurarnos.
O que si estamos seguros é de que vos sorprenderá o asunto cando o desvelemos, pois ten relación co *** de Teo...

domingo, 27 de enero de 2013

EXCLUSIVA: Novo parque móbil para a Policía Local de Teo



Para arranxar o problema de falta de medios, vos amosamos en exclusiva, os novos vehículos que o Sr. Sisto entregará á Policía Local de Teo para que se deixen de queixar tanto. Agora disporán de vehículos full-equip e, como mandan os tempos, 100% ecolóxicos. Para que non se diga.
El gobierno de Teo dejó el Concello sin Policía dos días y adeuda pagos El 1 de enero no hubo servicio, y el teléfono estuvo apagado en la tarde del 17 // Critican la falta de planificación y el desplazamiento al San Martiño en taxi



Moito pedir galego mentras no Concello de Teo os cidadáns somos atendidos en español


Arranca en Santiago unha nova manifestación en defensa da linguaMiles de cidadáns acodiron este domingo á chamada da plataforma Queremos Galego a manifestarse en Santiago en defensa do galego baixo o lema 'Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola'. A plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e conformada por máis de 700 entidades, pide a derrogación do coñecido como decreto do plurilingüismo e a retirada do proxecto da LOMCE, que os detractores denominan "lei da Wertgoña".

E na cabeceira da "mani", para aparentar, o noso insigne alcalde Sr. Noriega, que moito defender o uso da lingua e no seu propio concello, o uso que se fai da lingua galega é nulo, como demostra o feito de que a comunicación cos cidadáns desde certa concellaría se realiza nun perfecto español, a pesar de dirixirse a elas en perfecto galego. 
Sr. Noriega, déixese de tanta palabrería barata e botar a culpa aos demáis, e aplíquese o conto na súa propia casa, que ultimamente a ten bastante abandonada.