miércoles, 24 de abril de 2013

Ó vello fóiselle a cabeza. Sabiamos que algún día tiña que ocurrir...

Ó vello fóiselle a cabeza. Sabiamos que algún día tiña que ocurrir...
(E máis cedo que tarde faleremos do golfiño).

lunes, 15 de abril de 2013

Entorno da Burga: a vergoña de Martiño e o seu equipo



A nova destes días con é máis que o reflexo do que xa denunciamos aquí hai xa dous anos:
O entorno da Burga, abandonado polo Concello 


É unha vergoña que en dous anos non se fixera nada, salvo corta-lo paso a vehículos. E logo a xente aínda se sorprende de que pasen cousas... e menos mal que non houbo desgracias personais, que podería habelas.

Esta é a noticia que saltaba aos medios:
La crecida del Ulla engulle el acceso a la burga de Teo
El servicio de Protección Civil de Teo acordonó ayer por la mañana este vial, que no es la primera vez que sufre un problema de estas características, aunque el anterior desplome fue de menor entidad, en otro punto de la misma carretera y también en un momento de climatología adversa.
E os responsables do Concello, raudos e veloces para botar balóns fora, ultimamente xa son demasiados os balóns que teñen que botar fóra que xa se podían xuntar con Urdangarín, experto en balóns, e así foron as súas reaccións:

Protección Civil xa estivo alí para sinalizar a zona indicando que queda prohibido o paso. Trátase dunha vía na que dende o 2010 non se permite o acceso de vehículos. Esta decisión xa se adoptou pola perigosidade desta estrada que ten presentado problemas de fundimento nas beiras con anterioridade.
Web do Concello de Teo.
 ¿Que podemos dicir? Dous anos sabedores do problema e dous anos sen facer NADA. Incrible.

Chover chove e os encoros ábrense.Dende hai unhas horas o Ulla levouse 25 metros dun acceso peonil á Burga (Pontevea)
Twitter de Martinho Noriega
Polo que parece, a culpa é da chuvia (obvio) e dos encoros que se abren. Lóxica aplastante. É culpa de todos menos dos que estiveron dous anos sen mover un dedo para arranxar a situación.


O acceso á Burga está garantido por outra estrada. Esta vía xa estaba pechada ó tráfico de vehículos.
Facebook do Concello de Teo.
Patética resposta do Concello.¿Alguén escoitou algo de vaian a arranxa-lo problema?



 

 

viernes, 5 de abril de 2013

Traballar en Teo: só para ricos. Asinado: Martiño Noriega

Traballar en Teo é, grazas ao noso alcalde, só para ricos. ¿Por que dicimos isto? Pois porque non hai máis que ler o recente "CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DAS LICENZAS DE AUTO-TURISMOS, CLASE B, DO CONCELLO DE TEO" (fixarse quen o asina). 
No concurso, no que se adxudican ata 8 licenzas para taxi, o importe mínimo de licitación é de 15.000 €, mellorable á alza.
Así é como este goberno apoia a creación de emprego...


 

 

jueves, 4 de abril de 2013

AnovaTeo: ¿Realmente está en contra dos desafuizamentos e as preferentes?



¿Por que ninguén fala doque Anova Teo ten no seu programa político sobre os desafiuzamentos?

¿Por que ningúen fala do que leva no seu programa ao respecto das preferentes? ¿Terá algo que ver o feito de que un deles traballe nunha caixa de aforros? ¿Recomendarían tamén el algunha preferente?

As preguntas quedan aí para quen as queira contestar...