INSEGURIDADE
Os que circulan pola nova estrada en obras, pode comprobar que existen numerosos defectos na correcta sinalización das rotondas que aparecen dun día para outro. Así, podemos destacar:
- Iluminación escasa ou nula (caso da rotonda ao lado de Os Robles ou a ITV)
- Sinalización ridícula, como pintar os "ceda o paso" con spray, a modo de graffitti e nun color que non é o indicado polo Código de Circulación para sinalar as obras.
- Gravilla solta nas rotondas, o que xa provocou algún accidente pola saída de vía dos vehículos.
As zanxas que se abren ao carón das casas son perigosas. Debido á falta de sinalización, e de elementos que eviten o paso dos peóns por zonas perigosas, se poden producir moitos accidentes.
Por non falar da falta de elementos que faciliten o paso ás persoas con movilidade reducida.
Xa se dou algún caso de persoa que caeu nunha destas zanxas.
IRRESPONSABILIDADE
Ante estes feitos que a xente común pode ver tódolos días, un se pregunta qué papel están a levar a cabo as autoridades do Concello: Concelleiro de Obras e Policía Local. A resposta é clara: NULA.
Concellería de Obras: Pode argumentar que as obras son do Ministerio e non poden actuar. Non é así, pois xa se deron casos de apertura de zanxas en zonas privadas ou polas que se requería unha autorización expresa. Ou sexa, que a empresa subcontratada para facer as obras, abre zanxas onde lles peta. E ninguén sabe quen ó o responsable.
Policía Local: Debe de actuar de oficio e revisar as irregularidades. Se unha rotonda carece de sinalización, debe obrigar a que se cumpra a normativa. Se non é competente, que faga unha chamada a Garda Civil de Tráfico para que o revise. Hai que actuar e non facer a vista gorda.
Máis grave é un caso que nos comentaron, sobre unha persoa que se caeu nunha zanxa que estaba mal sinalizada (co agravante de que se lle expuso a falta de seguridade en concreto dese lugar á empresa que estaba realizando os traballos). O grave do caso é que a Policía Local foi informada do accidente, pero non se personou no lugar. Repetimos: se lle chama á Policía Local de que unha persoa acaba de caer nunha zanxa e non acode ao lugar! ¿Que está a pasar no Concello, estase a encubrir a alguén, é denunciable este pasotismo da Policía Local? (NOTA: Este caso nos foi relatado por unha persoa testemuña dos feitos e que fixo fotografías de todo, polo que consideramos que a información é veraz).