Esta entrada pode provocar polémica, así que tentaremos expor a nosa postura para que non se malinterprete. O asunto trata desta noticia: Non queremos a Volta en Galicia sen Ezequiel, na que se explica como "o Concello demanda á Federación Española de Ciclismo resolva o expediente aberto a Ezequiel Mosquera xa que, sen estar sancionado, Ezequiel non pode competir [na Volta a España 2011] á espera do pronunciamento por parte da Real Federación Española de Ciclismo".
E como se ve na foto, vén avalada por tódolos grupos, incluído o PP, cousa que sorprende xa que cando estaba no poder case que "despreciaba" a Ecequiel, aínda agora parece que xa pensan doutro xeito, o cal está ben por rectificar.
¿Debería meterse o Concello nesta clase de apoios a deportistas? O caso Ecequiel todavía non está resolto pola Federación e, sendo totalmente escrupulosos, ata que non resolva, non hai nada que facer. A Federación Española ten as súas normas e un ente foráneo coma o Concello non ten nada que facer nin dicir. E menos como representantes institucionais. Porque se resulta que ao final resolven que será sancionado, ¿con que autoridade moral un Concello que me representa pode apoiar a un "tramposo"? ¿Que pensaríamos se o Concello apoiara a Mourinho (ou Guardiola, que aquí hai moito culé), por poñer un exemplo, porque a Federación lle puxo unha sanción? ¿Non resultaría estraño? Todo o mundo se botaría as mans á cabeza.
Esto resulta resulta dun artificio e hipocrisía que dá que pensar, un acto totalmente de cara á galería. Sen pés ne cabeza. E sen pés nin cabeza por parte do PP (que ata o de agora non apoiou ao deporte base do Concello nin moito menos a Ecequiel) nin do Bloque. ¿Acaso non quedan aínda pintadas polo Concello do tipo "Volta a Espanha, fora da Galiza", toda unha frase propia do ideario do Bloque? ("Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional.").
O que queda claro é que este Concello, sen o alcalde, vai á deriva... nacionalista.
NOTA: Para quen pense que estamos en contra de Ecequiel, xa lle adiantamos que está radicalmente errado, e poderíamos ir "máis alá", pero non é o caso.
