Mostrando entradas con la etiqueta ulla. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ulla. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de abril de 2012

O río Ulla contaminado, e o alcalde precupado por outros lares...

Mentras o río Ulla sofre un verquido, agora descoñecido, non vaia ser que sexa culpa do Concello, o noso alcalde anda preocupado polo Eume, por unha catástrofe ecolóxica (que os técnicos e ecoloxistas están a descubrir, para tristura de PSOE e BNG e Irmandiños, que non é tan grave como se cría) en manifestacións que "cheiran" máis que os verquidos....

En fin, é o que ocorre por ter un alcalde "mediático", máis preocupado de saír nos medios que de estar ao frente dun concello "descabezado" e máis á deriva que nunca. Volvemos aos tempos nos que pediamos un concello desbloqueado.