Comentabamos hai uns dias a noticia de que Teo suprime este año el concurso caballar por razones económicas
A esta noticia, as reacións non se fixeron esperar e o propio Martiño tivo que defender esta decisión na prensa, aducindo problemas económicos e falta de financión externa. Todo iso, na mesma época na que se facía Música na Noite, dous días de festa, na que o Concello colabora economicamente. Son cousas diferentes, pero a xente empezou a facer comparacións e uns síntense marxinados por outros.
O PP de Teo aproveitou este feito para meter un pouco de ruido (é o seu traballo como oposición) adoptando unha postura de defensa a ultranza do sector cabalar en Teo. Podiamos ler na súa web cousas como:
O Grupo Popular lamenta que o equipo de goberno do Concello de Teo desaproveite un evento de tanta potencialidade turística e económica para os negocios locais, sendo un dos máis célebres e populares de Galicia, que cada ano concita máis de 3.000 visitantes no municipio.
Con esta decisión o concello da a espalda aos intereses do sector, facendo oidos xordos á indignación crecente dos propietarios, afeccionados e gandeiros pola suspensión da festa cabalar.
E no PP estiveron a manter reunións co sector, aínda que hai opinións diferentes respecto das mesmas (comentarios no noso Blog):
(Anonimo #1) curiosa reunion onte cos do PP, non propuseron nada, daba a impresion que nos chamaron para que lles diseramos que a culpa que non habia concurso era do bloque, case nos chaman a nosos burros porque alguns non dixeron que non a ruta a cabalo [...] os que falaron foi ese eloy e a rapasa do bariloche, eses dous queren meter caña a martiño co concurso pero non teñen puta idea de cabalos, [...] dixo que agora habia cartos para o cuncurso que sobraban duna piscina, pois aver si ai pelas e faise
(Anonimo #2) Eu son un dos que estivo na reunión e non se falou mal de música na noite nin se dixo que non se fora á ruta cabalar. Sencillamente se dixo que se debería de facer o Concurso cabalar.
Pero o mellor de todo (mellor porque así se anima un pouco a cousa, que ultimante non hai moita movida) foi a reacción do Sr. Alcalde no Facebook, ante un comentario dunha rapaza no seu muro (¡por Deus, pero como se atreveu esta rapaza a profanar o muro do Sr. Alcalde!), lede, lede:
Noelia Freire Nande
Paréceme estupendo que se recorten gastos , falta fai nos tempos que corren, pero o que xa me parece vergonzoso é que a señora Hermida teña a pouca vergoña de decir que unha feira cabalar non se considera cultura [NOTA de Desbloquear: fai refencia a unha noticia publicada nos medios: Críticas a Hermida por la supresión del concurso caballar], ten chiste a cousa cando o di a propia concelleira de cultura, non? [...] Pero que agora se veña dicindo que unha feira cabalar non é cultura cando acoden centos de persoas e se celebrou ata o de agora sen problema algún e se retire por expreso capricho paréceme indignante Martiño.
Martiño Noriega Sánchez
Non me parece moi elegante que empregues o meu muro Noelia para criticar a unha terceira persoa que é compañeira do grupo de goberno e defendía unha posición do grupo de goberno.[...] Hai razóns que dan outros que eu non comparto [..] e non ando por muros alleos facendo críticas a terceiros.[...] Eu estou indignado polo peche en Agosto do centro de saúde de Pontevea.
Noelia Freire Nande
Eso queda moi bonito Martiño, pero as consecuencias pagámolas o resto. E non é un muro alleo, diríxome expresamente ó señor alcalde que tamén pincha e corta no asunto. Non critiquei , dei a miña opinión repito, que é mesma dun cento máis.
Martiño Noriega Sánchez
Fai o que consideres Noelia, eu douche a miña opinión no meu muro onde entraches a criticar a unha compañeira.Por certo, o do centro de saúde de Pontevea, que afecta e indigna a milleiros de veciñ*s non me parece nada bonito.Eu focalizo alí a miña indignación.
E por si se borra, gardamos a instantánea (pinhcar par ampliar).
