Estes días están a asfaltar un tramo da estrada que vai de Augasmansas ata Recesende. O resultado da obra, case xa rematada, é unha pequena, por non dicir grande, chapuza por varias razóns, que enumeramos a continuación:
A obra non está convenientemene sinalizada e así, nos días pasados, cando querías xirar desde Augasmansas ata Recesende, atopábaste de "morros" cun sinal de "estrada cortada" tendo que desfacer o medio xiro do coche xa feito, co conseguinte susto.
Desde onte, colocaron uns conos para sinalizar as arquetas centrais que están a cubrir con cemento (sobre o asfalto, outra chapuza) pero agás dos conos, non había outra sinalización. Ver foto:
Hoxe xa aparecía un sinal de obras, pero as maniobras que hai que facer para poder circular, son bantante perigosas, como se amosa na foto, na que os coches teñen que circular polo carril contrario varios mentros.
Á parte de todo iso, o resultado final deixa bastante que desexar. O asfaltado é en quente, pero como se pode apreciar nas fotografías, máis que unha estrada parece unha pataca ondulada "matutano". Hai tantas ondas na estrada que parece que vas en barco un día de marexada!
Por certo, que tamén tivemos a ocasión, de pillar in fraganti a un veciño repintando a estrada diante da súa casa. Debe de ser que non estivo dacordo con que lle pintaran unha liña continua na entrada...

