Por pura casualidade atopamos un dos libros ceibados polo BNG co gallo de celebra-lo día das Letras Galegas. Había outro libro no mesmo sitio, que deixamos para outro/a afortunado/a.Queremos expresar desde aquí a nosa felicitación ao Bloque por esta iniciativa. Non sabemos se é unha iniciativa feita pola coincidencia coas eleccións (no libro explícase que é unha iniciativa do Bloque, non do Concello), pero desde aquí animamos ao Concello a que recolla esta idea e a traslade a tódolos 17 de maio, goberne quen goberne.
Iniciativas como estas son as que nós aplaudimos, porque non supoñen un grande custo e un xeito moi divertido de achegar aos nenos aos libros, que nestes tempos que corren non é doado. Unha suxestión: un dos libros podería levar un agasallo, como un lote de libros a recoller na mediateca municipal, por exemplo.
En fin, que felicitamos ao Bloque por esta iniciativa (se fora doutro partido diriamos o mesmo, quede claro) e agardamos que continúe tódolos anos.