Entre hoxe e mañá celebrarase o grupo de concertos denominados "Música na noite", coa actuacións dos grupos ATAQUE ESCAMPE, GALEGOZ, NOVEDADES CARMIÑA, MEDOMEDÁ (o venres 1 de xullo) e a BANDA DE GAITAS S.R. CALO (esa S.R. que lle negou os primeiros auxilios a unha rapaza nas pasadas festas de Calo), OS ESTALOTES, BELLON MACEIRAS QUINTETO, MERCEDES PEÓN, ULTRÄQÄNS (o sábado), e con acampada (#acampadacalo) gratis e aparcadoiro.
O caso é que neste festival colabora o Concello de Teo, entendemos que economicamente. Non sabemos o custe que terá esta organización (agradecemos que alguén nos informe). O caso é que no veciño concello de Ames, o novo alcalde Santiago Amor (do PP) puxo en marcha o plan de austeridade e unhas das primeiras decisións foi suprimir o festival MillaRock que se celebraba tódolos anos; non é que o suspendera, senón que deixa de subvencionalo (o custe era de 8.000 EUR) co cal xa non se organiza.
Son dous xeitos diferentes de facer política. Cada quen que saque as súas conclusións.
