
Anda estos días circulando rumores sorprendentes, abraiantes, do grupo InTeo, que por iso mesmo non nos atreviamos a publicar, pero a raíz das informacións que saen neste blog, podemos afirmar que os rumores son ¿certos?
O rumor (segue sendo iso) é que InTeo, ao mando do cal está Manuel Parajó, fixo unha fichaxe estrela para o seu grupo. Unha fichaxe coa que pretende ir en serio desta vez para acada-la alcaldía. O rumor parece confirmado: ou sexa, que tal fichaxe se fixo.
O abraiante do asunto é a identidade da fichaxe, non nos atrevemos a dicir nada, de momento, pero de ser certo, sería un golpe espectacular...
Onde tamén parece que están a tomar decisións, e disto xa falamos nós hai meses, é no PP de Teo. Todo parece indicar que haberá unha renovación interna do partido. Desa renovación sairía un novo cabeza de lista, e que polo tanto, Armando podería formar un novo grupo, escisión do PP. ¿Podería ser un novo grupo independente ou integrarse nun grupo como Terra Galega (afín ao PP) ou mesmo InTeo?