martes, 31 de mayo de 2011

PSOE - Como "liquidar" a un presidente

Aínda que non unha nova sobre Teo, queremos compartir con vós isto. Resulta curioso ver a web do PSOE nacional, xa que dun día para outro, "liquidaron" a Zapatero e foi substituído por Rubalcaba; como si Rubalcaba fose o mesmísimo presidente do goberno! Velaquí unha mostra gráfica da web do PSOE deste martes 31 de maio:

A web, no seu conxunto... ¿a quen vedes?


  

A foto da portada está dedicada ao presidente, perdón, a Rubalcaba.


Na banda das fotos, destaca Rubalcaba. ZP só aparece (sombreado) nunha delas...



Na sección de novas, Rubalcaba 2 - Zapatero 1.



Na sección de audios, RB 2, ZP 2, con ZP mencionando a RB de xeito explícito e indirecto. Ou sexa, RB 4 - ZP 0.



Na nube de Tags, RB empeza a gañar protagomismo fronte a ZP.


 Na sección de Participación ¡xa se fala de como participar nas primarias! 
E fixádevos na banda da galería de fotos!


[Grazas ao PP de Teo] Máis de 1.300 persoas do Concello de Teo que carecían de cobertura xa teñen acceso a internet

Máis de 1.300 persoas do Concello de Teo que carecían de cobertura xa teñen acceso a internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta 2010-2013

Pois segundo o PP de Teo, lido no Facebook de JM Guerra (exactamente, no de Eloy Gesto, o sexto de abordo, xa que o Facebook de JM Guerra xa está pechado) foi grazas ao "petar ás portas" de Guerra:
Jose Manuel Guerra Calvelo
Xa vos adiantamos durante estes meses que estábamos xestionando a cobertura de Internet, e o traballo deu os seus frutos, Mar Pereira, atendeu á nosa solicitude!
As reunións que tivemos con altos cargos da xunta non foron políticas senon de traballo!
A pesar do resultado, nos comprometimos a seguir a traballar con responsabilidade!
Daremos máis novas proximamente!

lunes, 30 de mayo de 2011

WAKA-RUMOR

80.000 € cobrará ao ano no seu novo posto na Xunta.

Así, ¿a quen lle importa ser alcalde? Agora enténdense toda a trama organizada: ou me dades un posto, ou monto o meu partido e lévome boa parte dos votos do "voso" candidato. Co posto asignado, xa se fixo a famosa foto (o pasado e o futuro), para que todos soubesen que seguía aí, que había que votar ao novo, porque él, agora sí, xa o respaldaba.

sábado, 28 de mayo de 2011

WAKA-RUMOR

¿Por que lle chamaron DIMISIÓN cando deberían de dicir EXPULSIÓN?

Non vos creades nada do publicado nin en blogs, nin en facebooks nin nos xornais. Non foi unha dimisión, foi unha expulsión; se queredes velo doutro xeito, unha dimisón forzada.

viernes, 27 de mayo de 2011

WAKA-RUMOR

O alcalde de Teo vaise a Madrid uns días, pero xa non volverá.

Escoitado a un veciño de Teo.

WAKA-RUMOR

Inauguramos a sección "Waka-Rumor" na República Independente de Teo. Cando vexades algunha entrada baixo o lema "Waka-Rumor", querrá dicir que é unha información escoitada por Teo, sen base nen fundamento, isto é, que se trata dun rumor e como tal deberá ser considerado. Poderá ser certo ou non, pero non puidemos contrastar.

Nova sinaléctica en Teo

Están a aparecer novos sinais en Teo, unha renovación que xa se facía necesaria. A verdade é que quedan moi ben integradas.
Non entendemos (ignorantes de nós) por qué un lugar como Pontevea aparece resalatado sobre Reis.

jueves, 26 de mayo de 2011

Xa se coñece o futuro de Armando Blanco

Xa é un rumor xeneralizado o futuro de Armando Blanco. A nosa pitonisa xa pronosticou que Armando non estaría na política de Teo, e nós xa adiantamos que seguramente fora tentado por un cargo na Xunta.

Pois parece que os rumores xa se fixeron máis fortes e parece xa confirmado que Armando ten asignado un cargo na Xunta. Non sabemos exactamente de que, pero imos arriscarnos e dicir que o máis probable é que sexa algo relacionado coa emigración (Secretaría Xeral de Emigración).

O caso é que se confirma (case) o seu ascenso a un posto da Xunta. E dicimos o de ascenso porque ata se coñece o que podería cobrar. Non o imos diicr aquí porque non o podemos asegurar, pero todo apunta a que recibiría un soldo maior que o de alcalde de Teo, o cal reforzaría a teoría de que non se presentou á alcaldía porque obterá maiores beneficios (e menos dores de cabeza) con este postiño.

A oposición en Teo

A oposición en Teo traballará activamente. Como dixo Guerra na rolda de prensa: "O principal ojetivo agora é traballar para merecer unha confianza creciente facendo unha oposición responsable. O grupo municipal popular vai facer unha oposición ativa e construtiva. Vamos a traballar con rigor e coherencia, vamos a facer esa política de prosimidá da que falamos durante a campaña. Estaremos cerca dos veciños para levar os seus problemas ó Concello".
Todo son boas palabras se non fora porque ten necesidade de ler todo dun papel que alguén lle preparou. Para unha rolda de prensa, ben se podería preparar un pouco e memorizar o texto. Que non é un discurso, é unha rolda de prensa.

Aquí publicaron o vídeo: http://www.facebook.com/video/video.php?v=150548098347638&comments
(Nota: o vídeo que sae antes xa é premonitorio: ¡Era visto!")


Por outra banda, Parajó tamén falo: Fará oposición «en positivo porque eu non son dos non porque non» e augurou para oBNG un mandato «complicado porque dudo moito que lle veña outro Plan E».
Noticia completa: http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/05/25/0003_201105S25C4996.htm


Do PSOE non se sabe nada. Volve a estar metido, por enésima vez, en líos internos, co que o seu labor de oposición de momento é nula ou dela non falaron nada nos medios.

miércoles, 25 de mayo de 2011