viernes, 12 de junio de 2009

Eleccions Europeas 2009... "la vida sigue igual"

Despois de ver no argumentario do PSOE os resultados das eleccións, das que non dan o máis mínimo comentario, só poñen os resultados, o que podemos deducir é que as cousas seguen como estaban, non se detecta ningún cambio nos votantes teenses.
Así que polo que parece, aos votantes de Teo os acontecementos municipais non lles importan demasiado; a guerra política BNG-PSOE non é un tema que lles preocupe nin altere... xa veremos nas municipais se segue así, o que significaría repetir os resultados de hai case tres anos.


miércoles, 13 de mayo de 2009

Obras na AC-841: PERIGOS, INSEGURIDADE E IRRESPONSABILIDADES

Estivemos a recibir nestas últimas semanas moitos correos informando sobre as obras da AC-841. Enumeramos a continuación algunhas delas; advertimos que algunha desta información tivemos que corroborala pois o que se denuncia son feitos moi graves que alguén debería de mirar...

INSEGURIDADE
Os que circulan pola nova estrada en obras, pode comprobar que existen numerosos defectos na correcta sinalización das rotondas que aparecen dun día para outro. Así, podemos destacar:
  • Iluminación escasa ou nula (caso da rotonda ao lado de Os Robles ou a ITV)
  • Sinalización ridícula, como pintar os "ceda o paso" con spray, a modo de graffitti e nun color que non é o indicado polo Código de Circulación para sinalar as obras.
  • Gravilla solta nas rotondas, o que xa provocou algún accidente pola saída de vía dos vehículos.
PERIGOS
As zanxas que se abren ao carón das casas son perigosas. Debido á falta de sinalización, e de elementos que eviten o paso dos peóns por zonas perigosas, se poden producir moitos accidentes.
Por non falar da falta de elementos que faciliten o paso ás persoas con movilidade reducida.
Xa se dou algún caso de persoa que caeu nunha destas zanxas.

IRRESPONSABILIDADE
Ante estes feitos que a xente común pode ver tódolos días, un se pregunta qué papel están a levar a cabo as autoridades do Concello: Concelleiro de Obras e Policía Local. A resposta é clara: NULA.

Concellería de Obras: Pode argumentar que as obras son do Ministerio e non poden actuar. Non é así, pois xa se deron casos de apertura de zanxas en zonas privadas ou polas que se requería unha autorización expresa. Ou sexa, que a empresa subcontratada para facer as obras, abre zanxas onde lles peta. E ninguén sabe quen ó o responsable.

Policía Local: Debe de actuar de oficio e revisar as irregularidades. Se unha rotonda carece de sinalización, debe obrigar a que se cumpra a normativa. Se non é competente, que faga unha chamada a Garda Civil de Tráfico para que o revise. Hai que actuar e non facer a vista gorda.

Máis grave é un caso que nos comentaron, sobre unha persoa que se caeu nunha zanxa que estaba mal sinalizada (co agravante de que se lle expuso a falta de seguridade en concreto dese lugar á empresa que estaba realizando os traballos). O grave do caso é que a Policía Local foi informada do accidente, pero non se personou no lugar. Repetimos: se lle chama á Policía Local de que unha persoa acaba de caer nunha zanxa e non acode ao lugar! ¿Que está a pasar no Concello, estase a encubrir a alguén, é denunciable este pasotismo da Policía Local? (NOTA: Este caso nos foi relatado por unha persoa testemuña dos feitos e que fixo fotografías de todo, polo que consideramos que a información é veraz).

martes, 31 de marzo de 2009

Parajó... tomando posicións.

¿Está Parajó tomando posicións para saltar á alcaldía? Está a saír moito nos medios, usurpando espacio do alcalde e da oposición; con só un concellal, mete máis ruido que o resto.
O último:

InTeo pide más policías locales y arreglos en la guardería de Os Tilos

Buscando votos nos Tilos. Xa os ten fixos en Calo; agora vai a polos de Os Tilos. ¿Que virá despois? Moito ollo ao sr. Parajó. O está tomando en serio...


[Paranoia mental: A tenor do visto no anterior pleno, o acercamento Parajó - Leis ¿significa algo? Quizáis esteamos nos inicios dunha grande amizade... política. ¿Volverá Parajó ás filas do PSOE para aplastar a revolta interna provocada polo sector crítico? Esa xogada provocaría a perda dos apoios do sector crítico na zona quente de Calo... estaremos atentos.]

jueves, 26 de marzo de 2009

Somos do club de fans de Parajó



Ante as recentes aparicións en prensa, non nos queda outra que facernos do club de fans de Parajó. El soíño leva toda a política de Teo. Qué tío!
Estes son os motivos de querer entrar no seu club de fans:

  • El surrealismo echa raíces en Teo
  • El pleno aprobó con los votos de la oposición un cambio en el listado de facturas pendientes que plantearon los socialistas pero que al final presentó InTeo
  • Ante el asombro generalizado, Manuel Parajó recogió el guante de los socialistas teenses y se ofreció a presentar la propuesta como suya.
  • La pinza del PP y PSOE se convierte en tridente al sumarse también Manuel Parajó
  • Parajó utilizó el discurso más duro contra el gobierno nacionalista desde que éste tomó posesión...
  • Por su parte, el socialista Jano Leis felicitó el discurso del independiente y profundizó en los mismos argumentos.

Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/03/26/0003_7615224.htm

  • Manuel Parajó asume como propia una enmienda presentada por Leis, y Armando Blanco la apoya
  • ...el verdadero golpe maestro de la sesión lo dio el portavoz de InTeo, Manuel Parajó.
  • El edil independiente decidió "asumir a proposta do PSOE coma propia" con el objetivo de sacarla adelante, ante el asombro y la falta de entendimiento de la situación por parte de los presentes...
  • Ante la falta de claridad de la propuesta pseudo-socialista, el regidor decidió realizar un descanso...
Fonte: http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/oposicion-teo-aprueba-su-propuesta-pago-facturas-pendientes/idEdicion-2009-03-26/idNoticia-409974/

martes, 24 de marzo de 2009

Estase a formar outro Sector Crítico?

Son rumores que veñen de vello, pero que cada día están a cobrar máis forza. Falamos do que se pode considerar outro sector crítico no concello de Teo.
Nesta ocasión estamos a falar do Partido Popular. Son moitas as voces que diverxen de Armando e ao parecer, non sendo capaces de quitalo do seu posto, estase a crear un sector crítico para sacalo do partido ou, como se rumorea, crear un partido alternativo. Volven a sonar os nomes da ¿extinguida? Terra Galega.
O que sí parece é que os militantes populares non se quedarán de brazos cruzados de cara ós próximos comicios electorais. Parece que se presentarán movidos.

jueves, 12 de marzo de 2009

E tempo de cambiar

Vídeo aportado por un colaborador. Moitas grazas, Calandracas!


martes, 10 de marzo de 2009

SOPA DE LETRAS DO SECTOR CRÍTICO

Un pasatempo: atopa os nomes dos que poderían ser compoñentes do xa famoso sector crítico. Se sabes dalgún que non apareza, dinos o nome e o engadimos.







sábado, 21 de febrero de 2009

Test de coñecemento

1. ¿Qué coñecido político teense foi invitado a abandonar o seu grupo para deixar paso ás novas xeracións?
2. ¿Que grupo político se podería estar a formar para concorrer ás próximas eleccións municipais en Teo?
3. ¿A que coñecido político teense lle prantaron diante da súa casa, ben cedo, unha pancarta reivindicativa co conseguinte cabreo (non especificamos de quen)?
4. ¿A que coñecido político teense lle abuchearon e increparon nunha reunión celebarada hai uns días polas súas ansias de protagonismo ao querer ocupar un sitio que non lle correspondía?
5. ¿Para que coñecido grupo político se está a constituir unha terceira vía?

PISTAS:
1. Un político preocupado polos seus veciños (sempre podemos contar con el) .
2. Top secret. Non nos deixan revelar nada... aínda. (Está é difícil)

3. Pista visual (ver abaxo)

4. Político con cátedra (¿pillades o xogo de palabras?)

5. "¿Van unos vinitos?"