sábado, 21 de febrero de 2009

Test de coñecemento

1. ¿Qué coñecido político teense foi invitado a abandonar o seu grupo para deixar paso ás novas xeracións?
2. ¿Que grupo político se podería estar a formar para concorrer ás próximas eleccións municipais en Teo?
3. ¿A que coñecido político teense lle prantaron diante da súa casa, ben cedo, unha pancarta reivindicativa co conseguinte cabreo (non especificamos de quen)?
4. ¿A que coñecido político teense lle abuchearon e increparon nunha reunión celebarada hai uns días polas súas ansias de protagonismo ao querer ocupar un sitio que non lle correspondía?
5. ¿Para que coñecido grupo político se está a constituir unha terceira vía?

PISTAS:
1. Un político preocupado polos seus veciños (sempre podemos contar con el) .
2. Top secret. Non nos deixan revelar nada... aínda. (Está é difícil)

3. Pista visual (ver abaxo)

4. Político con cátedra (¿pillades o xogo de palabras?)

5. "¿Van unos vinitos?"



viernes, 20 de febrero de 2009

Armando Blanco facendo campaña

Ver para crer: Armando Blanco volve á palestra para facer campaña, sumándose ás queixas dos veciños de Cacheiras afectados pola supresión das prazas de aparcamento.
Un excelente movemento político de Armando. Na noticia (ler a nova en La Voz de Galicia) non se fala nin do BNG nin do PSOE. É Armando Blanco o que se erixe como o único defensor dos veciños.
Ver para crer. A unha semana das eleccións, facendo campaña de maneira efectiva. Tomen nota.

P.D. "Armando Blanco denuncia que las aceras impiden el paso al campo de la fiesta"... cada un se preocupa do seu, iso non cambia nunca.

martes, 17 de febrero de 2009

Dos hombres y un destino



Ante o fogo cruzado entre estas dúas personas nos seus respectivos Blogs, isto é o que desde DesbloquearTeo podemos opinar.

viernes, 13 de febrero de 2009

O sector crítico con Jano Leis, empeza a actuar


Imperdible a entrevista que sae hoxe no xornal SantiagoSiete a Yolanda Mosquera, poñendo os puntos sobre os íes acerca da actual posición do PSOE en TEO e a marcha do sector crítico.
Todo apunta a que este sector crítico está movendo os fíos para movilizar á militancia inactiva e iniciar a renovación do partido.
Estaremos atentos, isto parece que se vai poñer interesante.

Os Blogs empezarán a botar fume tras esta entrevista.

(Nota: aínda que non é moi "legal", poñemos o extracto da entrevista para os que non teñan acceso ao xornal. Pinchar para ampliar).

jueves, 12 de febrero de 2009

PSOE e BNG afogan ao comercio de TEO

O que nos faltaba: PSOE e BNG contra os comerciantes.
A ampliación da AC-841 da Ramallosa a Montouto, eliminará practicamente TODAS as prazas de aparcamento, o que imposibilitará, ou dificultará, o estacionamento para acceder aos comercios. Ao final, teremos que ir mercar ás grandes superficies... era o que nos faltaba!

¿Por que dicimos que é culpa do BNG e do PSOE? Do PP tamén, por suposto, pero é un cero á esquerda na política de Teo.
BNG: Como goberno municipal debería escoitar as voces que xa se están a levantar entre os comerciantes e defender Teo frente á Xunta; parece que o noso alcalde ten medo de "molestar" aos Xunteiros, non vaia ser que se anoxen con el e perda opcións ás súas miras políticas. O caso é que "pasa" dos comerciantes.
PSOE: En primeiro lugar, como gobernante na Xunta, é o responsable último das obras. Por outra banda, o PSOE de Teo non moveu un fío tampouco, seguramente polos mesmos motivos que os nacinalistas. Está visto oque mentres o BNG non tomo iniciativa algunha, o PSOE non se opón. A oposición tamén significa propoñer e estar cos veciños.

Ampliaremos esta información que xa se está a burbullar en tódolos sitios. Contan que isto non vai parar aquí e xa se están a anunciar movilizacións. A campaña electoral en Teo preséntase movida e salpicará sen dúbida a uns e outros.

Será unha boa ocasión para ver que prima no BNG e no PSOE: se os intereses electorais e un anaco do pastel "xunteiro" ou os intereses dos veciños.

lunes, 26 de enero de 2009

O servizo 112 nunca funcionou tan mal como agora...

Novo temporal, e novo fracaso dos servizo de emerxencia 112. Non é electoralismo, senón un feito eobxectivo, o que está a ocorrer en Galicia cada vez que pasa algo que se sae do normal.
Exemplos:
- Vaga de lumes do verán do 2005. Incencios devastadores. Servizos de emerxencia COLAPSADOS. Imposible contactar co 112, 061, 091, 092, 081, 065, policia local. Ningún destes números respondía. COMPROBADO. Na prensa falaron do tema.
- Nevaradas: Colapso da AP-9. Un colapso inaceptable, inaudito. De risa!! A autovía atascada e, xusto antes da entrada a un ramal, un radar da Guardia Civil multando. ¡En vez de sair do coche e avisar do monumental atasco para evitar a autoestrasda! E o peor: o servizo 112 COLAPSADO (saíu na prensa). E iso que só chamarían os usuarios desa estrada.
- Temporal do pasado fin de semana. Servizo 112 outra vez COLAPSADO, comprobado.

A ver, que é o que pasa co 112? Do 112 só sabemos que hai problemas e manifestacións. ¿Hai unha folga encuberta como as dos pilotos? ¿Por que ninguén dí nada? Nin BNG nin PSOE nin PP din nada... Algo cheira mal aquí. 
¿Estaremos a facer preguntas de máis? A ver si alguén se molla e aclara algo.

NOTA: A gravidade do asunto é que o 112 non só é para emerxencias climatolóxicas, senón que é o número ao que un chama se ten un accidente; imaxina que tes un accidente de coche e chamas ao 112 e comunica... de medo!







domingo, 25 de enero de 2009

Imaxes do temporal en Teo


Se fai unhas semanas tiñamos unha estampa máis navideña do noso Concello, onde a neve facía presenza, estes dias estamos a sufrir días de temporais. Adxuntámosvos imaxes que nos foron cedidas polos nosos lectores.

viernes, 23 de enero de 2009

Alarmante presenza policial en Cacheiras


¿Que pasou o pasado mércores para que houbera tanta presenza de Guardia Civil, Policía Nacional e "xente de paisano" (policia secreta?) no entorno da Igrexa de Cacheiras?

Fixéronnos chegar noticias de que se viu a axentes da Garda Civil inspeccionando as cunetas preto da igrexa de Cacheiras, outro grupo, encabezado por Policía Nacional e acompañado de persoas uniformadas, tamén inspeccionando cunetas (buscando algo nelas, desde logo).

Esperamos que alguén nos informe disto.

¿Haberá relación co feito de que ultimamente no entorno de Augas Mansas se detecte moita presenza policial e ata haxa controis rutinarios a calquera hora da tarde?

(Nota: A foto procede da web da Guardia Civil, non é de Cacheiras)

lunes, 5 de enero de 2009

Feliz Nadad


Desexámosvos dende este blogue un feliz nadal e próspero 2009!

lunes, 1 de diciembre de 2008