jueves, 28 de febrero de 2008

E axiña, outro escándalo no Concello de Teo

Como vedes, volvemos a retoma-lo rumbo inicial desde Blog facéndonos eco de temas que interesan aos veciños.
Axiña contaremos con datos (e fotografías) dun escándalo que demostra a actitude do Concello cos seus veciños. Tralo caso dos veciños de Os Verxeles, agora súmase un novo colectivo ninguneado polo concello. Axiña... e desta vez, con datos que publicaremos.

Sede de Correos en Cacheiras nun baixo sen licenza...

Este tema xa colea desde o anterior governo. Resulta que a nova sede de Correos en Cacheiras (na curva mesma onde está a sede local do PSOE) está nun baixo sen licenza. Ao parecer, parte do edificio segue sen licenza.
O asunto non está moi claro, pero seica anda o Sr. Parajó polo medio, xa que ten parte dos locais e algunha planta do edificio. Pero ese non é o caso, senón que desde o anterior governo se permitiu esa ubicación para a sede de Correos a sabendas de que non ía contar coa licenza correspondente. Pero se pasamos por álí, podemos ver que a obra xa está case rematada e na fachada locen os rótulos de Correos.
¿Que sabe o Concello do asunto? Amigos socialistas que nos ledes, ¿podedes aportar máis datos? ¿Abrirá Correos de forma ilegal?...

Pleno ordinario do mércores: sube o tono

Seica no pleno ordinario do mércores subiu aínda máis o tono de crispación entre os grupos; desta vez, tamén o PP estivo forte.
Xa o dicían na Cadena Ser: que xa estamos acostumbrados a que cada mes haxa un espectáculo nos plenos de Teo.
Non cremos que esto beneficie para nada ao Concello; os plenos son para traballar polos veciños e non son un campo de batalla político. Para iso, que se reúnan en calquera sitio a debatir as súas diferencias e gasten o tempo dos plenos a debatir os problemas dos veciños, que para iso os eliximos.

miércoles, 27 de febrero de 2008

Pleno sobre o estado da "nación" de Teo. ¡Houbo "movida"!


Sieca houbo "movida" no pleno do martes. Esta mesma tarde, na cadena Ser, puxeron os mellores momentos, que se poden resumir en que a Martiño as opinións de Jano Leis lle agreden. As críticas dos outros grupos, non; pero non sabe qué lle pasa, pero con Jano é diferente...

Pero o protagonista da noite foi, sen dúbida, o sr. Manuel Rama (Canteiro e concelleiro) quen non ocultou a súa indignación e, dando incluso golpes na mesa, puxo ao alcalde no seu sitio.
Lástima de non ter a grabación do pleno e, moito mellor, o vídeo. A ver se no blog socialista sacan algún audio. ¿Haberá que pedirlle o audio a un tal Elías a quen fan referencia nalgún comentario por aí?...

lunes, 25 de febrero de 2008

Xente impresentable haina en todo lados

Parece que se nos pega a xente impresentable que só ten o insulto como único argumento.
Por suposto, non podemos tolerar insultos, non é a primeira vez que o temos dito.

Esta clase de actitude non leva a ningunha parte. É unha pena que se perda tanto "potencial" de xente que non ten argumentos nin nada. A esta xente, desde logo, non lles importa nada o concello nin moito menos os veciños.

Pios a nós si que nos importa o concello, porque somos veciño/as e queremos, no fondo, unha mellor calidade de vida. Porque para nós, Teo é e será o mellor concello do mundo, o noso fogar, esté quen esté governando. E por iso loitamos, denunciando o que cremos ten que cambiar ou mellorar, para que o siga sendo.

Actitude ¿prepotente? do alcalde Noriega

E como aquí hai para todos (para o PP non hai nada porque en Teo andan desaparecidos nestas eleccións), nos comentan unha pequena anéctoda que reflicte o caracter "altivo" do alcalde.

Foi no mitin do BNG o pasado venres, con Beiras como invitado especial. Ao finalizar o mesmo, quedou un pequeno grupo do BNG xunto co alcalde no restaurante do mitin, no que había máis xente (veciños de Teo) tomando algo. O detalle foi que ao marchar, o alcalde nin se dignou a saudar aos que alí estaban, amosando unha atitude de señorito ou de divo que nada ten que ver coa imaxe que intentaba transmitir antes das eleccións.

¿É esta a actitude da que tanto están a falar os socialistas? Pois vai ser que van ter razón...

Reprimenda de Ceferino Díaz a Jano Leis


Chegou aos nosos oídos esta anécdota que vos transmitimos.

Acontenceu no pasado mitin do PSOE en Montouto. Ceferino Díaz (deputado do PSOE no Congreso dos Madrides), falando dos logros socialistas en España e máis en concreto en Galicia, comentaba do pacto chegado entre o PSOE e o BNG a nivel autonómico polo cal este último aprobaba os orzamentos da Xunta se había pacto local, é dicir, gobernar xuntos PSOE-BNG nos concellos.

Por iso, non entendía o que pasa en Teo, por que non existe tal pacto... co cal invitou a Jano a unha reunión para que llo "explicase"... En fin, pódese entender como unha reprimenda pública en toda regla.



viernes, 22 de febrero de 2008

Unha visión soibre a pegada de carteis

Reflectimos aquí parte dun comentario enviado polo noso colaborador Calandracas sobre a xornada de onte da pegada de carteis.

Es la noche. Mi amargo paseo nocturno entre esa penumbra, ya ni iluminada ni ensuciada por la mísera y ambruyente caída del pasado eclipse, me ha dejado, eso si, ver la primera caída de carteles.
[...]
Tensión. Cola. Tensión, cola... poco a poco.
[...]
La noche es larga. Muy larga. Demasiado larga. Ya no se distingue bajo las farolas a esos humanos, esos carteles, llenos de vida, quizás, poca vida, mas bien inertes, solapados por una sola esperanza, por un mismo fruto de ilusión que cada uno de ellos pone cuando sus brazos suben y bajan al son del ruido, el mínimo [...]
[...]
Así son ellos. Allí estaban ellos. Esta noche los he visto. Los he observado, en grupo. Solos.
[...]
Las manos llenas de cola, los carteles bajo los brazos, a las órdenes de ser fijados como se fija un rayo de sol sobre la piel tensa de un día de invierno, un rayo bajo, muy intenso que puede llegar a dejarme huella ante la más mínima destreza de mis poros incrustados en la amarga bajeza de la piel. Así se sienten ellos. Ahora, así me siento yo. Y tú... ¿te has parado a pensar? No.



Pegada de carteis: Un reflexo da política municipal

Hoxe pola mañá podiamos ver os cutre-paneis para a pegada de carteis, divididos nas catro porcións para PSOE, PP, InTeo e BNG. Sen embargo, todas estaban baleiras a excepción das do PSOE, que nalgúns sitios estaban a tope de carteis (no panel enfrente do Concello, non sabemos doutros sitios aínda).
Do cal se pode inferir cal é o grupo municipal que traballa neste concello. Está claro, ¿non?
Nos comentan que o Sr. Jano andivo de imaxinaria ata as 2 e media da madrugada... Iso si que é adicación á causa... outros deberían de tomar nota.

Por favor, agora non nos bombardeen con comentarios de si somos sicarios de Jano Leis e patatín, patatán... O que comentamos é un feito obxectivo; non hai máis que saír a rúa a comprobalo.

NOTA: Debemos ser xustos na crítica e desculpar ó grupo do PP debido ao falecemento da nai de Armando Blanco, onte mesmo.

lunes, 18 de febrero de 2008

Insultos non. Isto parece o patio do colexio.

Isto estase a converter no patio do colexio. Non toleramos os insultos e non queremos exercer a censura, pero contra os insultos, non cremos que sexa censura suprimir certos comentarios.

En breve voltaremos a traer novas interesantes e empezaremos a nova etapa, que chamaremos de control do concello. Agora que xa temos orzamentos aprobados, é a nosa obriga (e sobretodo a da oposición) facer o seguimento das actuacións.

Desde aquí seguimos coa nosa teima: A páxina web do concello prometida e comprometida hai meses, aínda non ten prazo. Teremos que preguntar de novo a Anxo Quintana polo asunto; ante unas elecións, non queda moi ben parado o BNG ante as súas promesas.