viernes, 7 de enero de 2011

Atención: Nova oleada de roubos en Teo

Recibimos noticias de que se estiveron a producir novos roubos en varias casas de Teo. Durante este Nadal, varios veciños da zona de Luou foron víctimas de roubos nas súas casas; comentan por alí que ata se levaron un coche.
Ante a falta de máis información, desde aquí facémonos eco para que nos aportedes máis información e para dar aviso a todos. De novo, volvemos a ser víctimas da inseguridade cidadá en Teo.

miércoles, 5 de enero de 2011

Estraño suceso en Teo

Contáronnos que o pasado luns 3 de xaneiro produciuse un estraño suceso en Teo a iso da tardiña... Sobre as 8 da tarde, nalgunhas zonas do Concello, temos constancia da zona de Casalonga e Ameneiro, houbo un corte de luz de 1 segundo de duración. Isto provocou que parte do alumeado público deixase de funcionar. Posteriormente produciuse un novo corte, este máis longo, de minuto e medio aproximadamente (isto soe ser habitual porque é cando os operarios arranxan a avaría).

O raro vén agora... xusto antes de producirse o primeiro corte, na zona de Calo púdose escoitar unha especie de explosión, como unha bomba de palenque pero máis forte. Veciños do lugar saíron a ver qué pasara pero o único que viron foi fume saíndo de ¿ningures? no medio da estrada.
Se alguén sabe máis deste estraño suceso, esperamos que o poña por aquí... tal parece un caso para Iker Jiménez...

martes, 4 de enero de 2011

Mapa de puntos negros en Teo

Xa empezamos a elabora-lo mapa de puntos perigosos en Teo. Pouco a pouco iremos completándoo. Contamos, como sempre, coa vosa colaboración.


Ver Puntos Negros - Concello de Teo en un mapa máis grande

Novo accidente en Teo

Onte pola tarde prodiciuse un novo accidente de tráfico. Un coche saíuse da vía a iso das 9 da noite, na parte de abaixo de Augas Mansas, nunha "famosa" curva bastante perigrosa que aínda se fixo máis perigosa desde que asfaltaron a estrada. Non temos constancia de feridos, pero sí da presencia desta volta de Protección Civil e a Policía Local.

Mapa de puntos negros
Dous accidentes en pouco máis de 2 días, dan que pensar... ¿Estase convertindo Teo nunha zona de alta siniestralidade? Estamos a elaborar un mapa de puntos negros do Concello de Teo e vos pedimos a vosa colaboración para completalo. Pola nosa banda xa temos localizados varios lugares especialmente perigosos para a circulación. O obxectivo é completar este mapa e facerllo chegar ao Concello para que tome medidas.

domingo, 2 de enero de 2011

Accidente de tráfico en Teo

Damos nota dun accidente en Teo, do que nos envíain imaxes. O primeiro día do ano 2011, ás 15.00H tivo lugar un accidente de tráfico na zona de As Galanas. O accidente parecía máis grave do que realmente foi, debido ao despregue realizado.
No accidente resultou ferido un mozo ao bater a súa moto contra un coche que nese momento facía un cambio de sentido á esquerda. O mozo foi trasladado en ambulancia e o conductor do coche puido saír polo seu propio pé, aperentemente sen danos.
O que nos din é que o despregue foi bastante espectacular para tratarse só dun choque entre un coche e unha moto. A contar, e por orde aparición (a orde de aparición é importante):
  1. Garda Civil de Ames
  2. Ambulancia Asistencial do 061
  3. Ambulancia Medicalizada do 061
  4. Garda Civil de Tráfico
  5. Bombeiros de Santiago
  6. Bombeiros de Brión
  7. Protección Civil de Teo
  8. Policía Local de Teo

Nós notamos algo extrano... ¿A Policía de Local de Teo chegando os últimos?


viernes, 31 de diciembre de 2010

Frase do ano: Vostede ten uns aparatos que non lle collen na bolsa (Armando Blanco)

Os políticos de Teo sempre dando que falar. Non podiamos rematar o ano tranquiliños, non. ¿E o espírito navideño que? Por Teo non debe andar...

Deste pleno podemos atopar multitude de informacións e opinións que resumimos así.


Teo cierra el año con un pleno bochornoso y subido de tono (El Correo Gallego)

La euforia a que suelen conducir las comidas navideñas pasó factura a alguno de los concejales intervinientes. El portavoz del PP, Armando Blanco, se despachó a gusto contra el Gobierno local, al que llamó de todo menos guap [...]

Vamos, que lendo entre liñas, e falando coloquialmente, o sr. Armando ía un pouco "cheo".

El punto central del debate fue la comparecencia de la edil de Cultura y Deportes, Carme Hermida.
Cincuenta minutos duró su intervención, y lo hizo echando mano de las nuevas tecnologías para no aburrir a los oyentes. 

¡50 minutos de intervención! Que paciencia habería que ter... pero a culpa é de quen lle mandou que fixera balance sen especificar nada concreto. E por certo, que por "novas tecnoloxías" entendemos o uso do PowerPoint... en fin... creo que non hai nada que comentar... (Para os interesados, podemos descargar aquí os PowerPoint da intevención; e para os moi moi moi interesados, a intervención enteira)

Cuando pasaban unos minutos de la medianoche y aún en pleno debate, el regidor levantó la sesión, momento este en que ediles del gobierno y de parte de la oposición perdían los papeles protagonizando un altercado verbal subido de tono que llevó a gente del público a intervenir para calmar las aguas.

E nós vendo "Sálvame" cando é moito máis divertido é ir a estes plenos. Para a próxima que avisen que imos con palomitas e todo.



La peor forma de cerrar el curso político (La Voz de Galicia)
Armando Blanco soltó perlas dialécticas dirigidas a Martiño Noriega tales como «vostede ten uns aparatos que non lle collen na bolsa», una afirmación que minutos después casi calcó par referirse al portavoz socialista, Jano Leis.

Non se pode negar a orixinalidade da frase, aí estivo agudo o sr. Armando.

Armando Blanco también aprovechó el pleno para afirmar, brazo en alto y palma abierta, lo siguiente: «Respecto todas as ideoloxías, eu podería cantar o Cara al Sol, pero xa o cantei antes».

Xa diciamos antes que se insinuaba que o sr. Armando ía un pouco cheo... E esta afirmación súa cadra perfectamente coa bandeira que lucía no seu restaurante durante o Mundial, a bandeira pre-constitucional (esa que ten a aguia).

No Blog de La Comarcal pódense escoitar as intervencións de Armando no Pleno, "Armando Blanco en estado puro". Non teñen desperdicio.

[Con motivo del artefacto explosivo que destrozó la sede del PSOE en Cacheiras] Jano Leis acusó al regidor, Martiño Noriega, de acudir a la sede demasiado tarde y solamente para dejarse ver. El regidor, en el mismo tono que Leis, le recomendó un tratamiento con Prozac.

Aí temos que darlle a razón a Jano Leis porque a actuación do alcalde xa dixemos que non foi correcta; se él non podía ir, algunha representación do Concello tería que estar o mesmo día, xa que nos primeiros instantes non se podían saber as consecuencias.

Neste blog explícannos o motivo do enfrontamento entre Martiño e Jano:
O BNG de Teo amosou a súa máis absoluta indignación polas declaracións do Partido Socialista [...], nas que acusaban á organización frontista de terroristas e non apoiar ao PSOE despois do atentado. [...] Leis sofre algún tipo de desconexión coa realidade. [...]
Renato Núñez considera que "afirma que non todo vale e debería rectificar ou dimitir como portavoz do PSOE".



No blog do Azotador podemos ler unha crónica taurina dos feitos, que ten certa gracia. Recomendable.

miércoles, 29 de diciembre de 2010

Candidatos á alcaldía de Teo

A lista de candidatos a alcalde parece que se vai pechando.

BNG: Martiño Noriega. 
Confirmado como candidato.
A Asamblea local do BNG de Teo propón por unanimidade a Martiño Noriega como candidato ás vindeiras eleccións municipais.

PP: José Manuel Guerra
Novo nestas lides, pero candidato moi forte, xa dando "guerra".
http://www.ppteo.es/

PSOE: Jano Leis
A falta de datos contrarios, repetirá.

InTeo: Manuel Parajó
Con fichaxe "estrela" de por medio.

UPyD: José Vazquez Pallas
Inocentada en toda regla... Pero lendo os comentarios, sae o nome da fichaxe de Parajó.
http://lacomarcal.blogspot.com/2010/12/candidatura-en-teo.html

¿Candidatura independente?
Aínda non está confirmado, sería unha plataforma de veciños como a de Ames.


(Actualizado o días 31/12/2010)
Candidatura independente
Armando Blanco. Confirmado polas súas propias palabras no pleno do día 29.

.

lunes, 27 de diciembre de 2010

O día de despois

O día de despois do grave antentado, empezaron a aparecer os representantes políticos.
- O alcalde (BNG) apareceu ao día seguinte, non o mesmo día dos feitos. Pode que non estivera no Concello, pero algún representante só qie pedería haber aparecido. Moi mal.
- O representante do PSOE Galego, cos seus. Moi ben.
- O representante e alcaldable polo PP, Guerra, "chupando cámara". Xa empeza a moverse. Moi ben.

¡Qué diferencia entre estes feitos e o da pirotecnia de Calo! Daquela, puidemos ver como o alcalde Armando acudía minutos despois dos feitos para estar cos seus veciños. ¿Era unha pose para saír na foto? Pode ser, pero ninguén pode negar que un alcalde ten que estar neses casos. E o de Teo, Martiño, non estivo á altura nesta ocasión.

sábado, 25 de diciembre de 2010

Ataque á sede socialista do PSOE

Eta noticia está sendo contada en tempo real. Hai escasos minutos, nos contan que un artefacto explosivo fixo explosión na sede do PSOE de Teo. Son as 2:00 da mañá. Esperamos recibir fotografías en breve.

Desde DesbloquearTeo, queremos expresar a nosa condena a este tipo de feitos.

Actualizado ás 2:10: Publicamos as primeiras fotografías. Temos constancia da presencia das forzas da orde e do propio Jano Leis no lugar dos feitos.






Actualizado ás 2:20: Publicamos mais fotografías, proporcionadas por un lector do blog.






Actualizado ás 12:30: Outro lector do blog envíanos estas fotos tomadas ás 9:30 da mañá onde o personal da Protección Civil procedía á retirada dos cristais da entrada principal do edificio, xa que tamén reventaron ca onda expansiva. 




martes, 14 de diciembre de 2010

Volvemos en breve

Tras unha obrigada pausa, en breve volveremos, con máis filtracións que a Wiki-leaks. A actualidade política de Teo ben o merece, porque temas quentiños temos a rabiar... e para ir abrindo boca:

- Temos fragmentos do famoso vídeo do xuízo que publicaremos en breve [modo screener]
- Novidades no PP de Teo. A campaña este ano será brutal e axiña os veciños de Teo terán a primeira mostra nas súas casas... 
-  Pouca movida no Psoe, pero movementos interesantes no sector crítico.
- ¿Cambios no bloque? Todo apunta a que non....

- Sin noticias de Parajó.... de momento.


- Rumores sobre un movemento veciñal similar ao de Ames... ¿será posible en Teo?