Empeza a conta atrás para as vindeiras eleccións municipais e todo semella paralizado en Teo.
Da actual corporación, só sabemos o que editan no seu boletín propagandístico. ¿Alguén se decatou de que sempre veñen as mesmas obras: Os Tilos, asfaltados varios,... ? E de vez en cando, Martiño sae nos medios, cada vez apuntando máis alto (Voz TV). Tamén temos o placer de disfrutar da sabedoría popular da señora Hermida na capital mundial do folclore (Luar).
En canto á oposición, do PSOE non se sabe nada. Quedaron mudos desde a marcha do sector crítico. ¿Tan duro foi o golpe que aínda non se recuperaron? E do PP tampouco temos novas a nivel político, posto que a nivel persoal, o señor Armando aínda segue a recibir algunha que outra medalliña. E en canto a InTeo, se antes non se sabía nada del, agora moito menos...
¿E con este panorama afrontaremos un novo ano electoral? Se isto segue así, o señor Martiño vaino ter doado. Dada a debacle prevista do PSOE, debido á deriva do governo de Rodríguez, todo apunta a que se formará un governo BNG+PP. ¿Imposible? Non moito menos. Teo é especial. E un acordo BNG+PP é unha opción moito máis probable que BNG-PSOE. En Teo, como na maioría de corporacións locais, son máis importantes as persoas que as siglas dos partidos; de novo, isto explica que non se puidera acadar o acordo entre socialistas e nacionalistas.
Pero hai unha alternativa a este panorama. Vos podemos anunciar que axiña haberá sorpresas no panorama político de Teo, quizáis un novo partido político formado por persoas ben coñecidas (e incluso as que aínda son anónimas...) neste pequeno mundo blogueiro que se formou arredor da política de Teo.
Pouco a pouco iremos desvelando cousas.
viernes, 25 de junio de 2010
Empeza a conta atrás...
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
8:26
9
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
viernes, 21 de mayo de 2010
Nin un minuto mais!
Nun sobresaínte alarde de irresponsabilidade, aos grupos da oposición non lles chegou con votar en contra das contas municipais se non que ademais votaron en contra das mesmas en segunda ocasión cando foron vencelladas a unha cuestión de confianza, retrasando nun mes a posta en marcha de moitas cuestión contempladas neste exercicio e evitando que se puideran outorgar durante estas semanas subvencións ás asociacións, inversións en obra pública, formalización de convenio,etc.
Simplemente votaron en contra da súa aprobación, para que as propostas do BNG non foran adiante có obxectivo de atrasar medidas que estaban previstas e coa intención de culpabilizarnos da demora sen decatarse,que a quen están perxudicando e ao conxunto da cidadanía do Concello.
Nembargante, non o van conseguir.
A labor da oposición é controlar e corrixir á labor do Goberno, nunca danar aos veciños e veciñas de Teo en prol dunha estratexia de desgaste. Armando e Parajó (agora na oposición) xa demoraron durante moitos anos o progreso de Teo dende a súa responsabilidade de goberno e agora, aínda contando co apoio de Jano Leis, non van a impedir que o proceso encetado durante estes anos de progreso e modernización continue no noso concello.
Nin un minuto mais!.
Extraído de: BNG Teo
Isto merece unha boa banda sonora, para o novo grito de guerra: "Nin un minuto mais!"

19:13
1 comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
miércoles, 12 de mayo de 2010
Discurso do político
Unha pequena homenaxe a este gran xenio do humor que foi Antonio Ozores e que nos acaba de deixar. Unha escena dun discurso político que pouco se alonxa dos discursos de moitos políticos de agora...
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
20:27
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
'Tijeretazo' al gasto social
El Gobierno:
Fuente: publico.es
NUEVE MEDIDAS CONTRA LA CRISIS
El paquete de nueve medidas anunciado por Zapatero, [...] contempla:
Fuente: elpais.es
Son as noticias nos medios máis afíns ao goberno, imaxinade o resto de medios...
Estas son as medidas do goberno socialista.
¡Nin os funcionarios están a salvo desta vez!
- baja el sueldo de los funcionarios,
- congela las pensiones y
- elimina el cheque-bebé.
Fuente: publico.es
NUEVE MEDIDAS CONTRA LA CRISIS
El paquete de nueve medidas anunciado por Zapatero, [...] contempla:
- reducir los sueldos de los funcionarios un 5% en 2010 y congelarlos en 2011
- se suspende la revalorización de las pensiones
- se elimina la jubilación parcial
- se elimina la ayuda de 2.500 euros a los nacimientos
- las solicitudes de servicios de dependencia tendrán que resolverse en seis meses y se elimina la retroactividad,
- y se ajusta el número de los envases de los medicamentos a la duración del tratamiento
- se reduce en 600 millones la ayuda oficial al desarrollo,
- se reduce la inversión pública estatal
Fuente: elpais.es
Son as noticias nos medios máis afíns ao goberno, imaxinade o resto de medios...
Estas son as medidas do goberno socialista.
¡Nin os funcionarios están a salvo desta vez!
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
20:08
1 comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
viernes, 7 de mayo de 2010
Manuel Parajó: "Eu daríalle a miña confianza ao alcalde porque sei que é honrado"
Unha intervención digna dun dirixente con cabeza. No debate dos orzamentos, Manuel Parajó, de InTeo, soltou esta frase que resume o sentimento de parte da oposición e de parte do pobo de Teo sobre o alcalde:
¿Que queremos dicir con todo isto? Pois que o alcalde ten imaxe de ser unha persoa honrada e que fai o que pode porque non hai cartos.
Tocoulle unha época difícil e ademais ten que lidiar cunha oposión que non contribúe nin aporta nada constructivo para o concello e, por ende, para os teenses en xeral.
"aquí dí que as estimacións de ingresos son excesivas, literalmente, así que, eu daríalle a miña confianza ao alcalde porque sei que é honrado, pero contradiría o que dixen hai unha semana e reflicte este informe técnico".
(Fonte: El Correo Gallego 05.05.2010)
¿Que queremos dicir con todo isto? Pois que o alcalde ten imaxe de ser unha persoa honrada e que fai o que pode porque non hai cartos.
Tocoulle unha época difícil e ademais ten que lidiar cunha oposión que non contribúe nin aporta nada constructivo para o concello e, por ende, para os teenses en xeral.
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
13:56
2
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
domingo, 25 de abril de 2010
Un Concello que defende aos veciños
Este Concello estanos a demostrar que sabe face-las cousas ben e así o demostran co asunto das vivendas de A Ramallosa (detrás do Concello). Este é o titular que saía nos medios:
O Concello xa fixera a correspondente denuncia no ano 2008 a favor dos veciños, que é o que todo Concello debe de facer: preocuparse polos veciños. ¿Que fixo a oposición en todo este asunto?: Polo que se ve... nada.
Cando o Concello fai as cousas ben, hai que recoñecelo.
Acusan al empresario de falsificación para escriturar 60 viviendas que no tenían licencia de primera ocupación
O Concello xa fixera a correspondente denuncia no ano 2008 a favor dos veciños, que é o que todo Concello debe de facer: preocuparse polos veciños. ¿Que fixo a oposición en todo este asunto?: Polo que se ve... nada.
Cando o Concello fai as cousas ben, hai que recoñecelo.
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
17:47
6
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
martes, 20 de abril de 2010
Por fin... o alcalde vai facendo cousiñas por Teo
Queremos felicitar ao Concello de Teo pola iniciativa, xa demandada desde este mesmo blog hai varios meses, das liñas de autobuses circulares en Teo. Estas son as iniciativas que os veciños de Teo valoramos. A oposición debería de tomar nota e presentar propostas que beneficien aos veciños e deixar de perde-lo tempo en PXOMS e outras historias...
Teo completa con dos líneas propias el bus metropolitano
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
13:48
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
jueves, 1 de abril de 2010
Unha de rumores.....
1- ¿Que hai de certo sobre os rumores que din que unha man negra fixo que desapareceran blogs de Teo que antes tiñan moita actividade?
2- ¿Que haberá de certo, incidindo no anterior, para que ata a prensa escrita se pregunte onde están eses blogs de Teo?
3- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan á escisión dun importante partido político en Teo de cara ás próximas eleccións locais, provocando a aparición dun novo grupo?
4- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan a que se está a formar un novo partido político formado por xente nova?
5- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo que certo dirixente dun partido local estivo mantendo contactos con xente nova para afiliala ao partido, continuando coa mesma estratexia iniciada xa hai uns anos?
6- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo de certo dirixente dun partido vaise desprender de xente histórica do seu partido?
7- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan que certo partido que leva as rendas do concello acadará aínda mellores resultados que nas pasadas eleccións?
8- ¿Que hai certo nos rumores que apuntan a unha posible unión de dous pesos pesados da política teense: un home sen paxaros na cabeza e un home da restauración?
Quen teña datos máis fiables, este é o lugar para abrir debate. E por último...
¿Que haberá de certo sobre os rumores que vinculan este blog a certo partido político?
A este rumor respondemos nós: rumores infundados... de momento.

22:05
0
comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
viernes, 29 de enero de 2010
DESBLOQUEAR TEO
Publicado por
DESBLOQUEAR TEO
en
17:41
1 comentarios
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
ENERXÍA NUCLEAR: SI
Si a enerxía nuclear é fonte de riqueza (postos de traballo), é limpa (non emite elementos contaminantes á atmosfera), é segura (tomando as míminas medidas de seguridade), é a máis rendible (en Francia, por exemplo, o 80% da enerxía é nuclear e parte é exportada a España), ¿por que todo o mundo está en contra dela?: Por descoñecemento, ¿ignorancia?, ou intereses políticos (variables segundo cambie o vento).
Proposta: Teo debería albergar un ATC (Almacén de Residuos Nucleares) e beneficiarse así dos 10 millóns anuais que recibiría, ademáis de novas vías de comunicación, empregos, etc. Non será posible por non cumplir coas condicións establecidas no BOE, pero de cumplilas, ¿por qué non?
Non sexamos hipócritas, que como dixo Felipe González: ou se debate en serio sobre se España é ou non nuclear, ou se deixa de mercala aos de fóra (en clara alusión a Francia).

14:59