viernes, 7 de mayo de 2010

Manuel Parajó: "Eu daríalle a miña confianza ao alcalde porque sei que é honrado"

Unha intervención digna dun dirixente con cabeza. No debate dos orzamentos, Manuel Parajó, de InTeo, soltou esta frase que resume o sentimento de parte da oposición e de parte do pobo de Teo sobre o alcalde:

"aquí dí que as estimacións de ingresos son excesivas, literalmente, así que, eu daríalle a miña confianza ao alcalde porque sei que é honrado, pero contradiría o que dixen hai unha semana e reflicte este informe técnico".
(Fonte: El Correo Gallego 05.05.2010)


¿Que queremos dicir con todo isto? Pois que o alcalde ten imaxe de ser unha persoa honrada e que fai o que pode porque non hai cartos.
Tocoulle unha época difícil e ademais ten que lidiar cunha oposión que non contribúe nin aporta nada constructivo para o concello e, por ende, para os teenses en xeral.

domingo, 25 de abril de 2010

Un Concello que defende aos veciños

Este Concello estanos a demostrar que sabe face-las cousas ben e así o demostran co asunto das vivendas de A Ramallosa (detrás do Concello). Este é o titular que saía nos medios:

Acusan al empresario de falsificación para escriturar 60 viviendas que no tenían licencia de primera ocupación

O Concello xa fixera a correspondente denuncia no ano 2008 a favor dos veciños, que é o que todo Concello debe de facer: preocuparse polos veciños. ¿Que fixo a oposición en todo este asunto?: Polo que se ve... nada.

Cando o Concello fai as cousas ben, hai que recoñecelo.

martes, 20 de abril de 2010

Por fin... o alcalde vai facendo cousiñas por Teo

Queremos felicitar ao Concello de Teo pola iniciativa, xa demandada desde este mesmo blog hai varios meses, das liñas de autobuses circulares en Teo. Estas son as iniciativas que os veciños de Teo valoramos. A oposición debería de tomar nota e presentar propostas que beneficien aos veciños e deixar de perde-lo tempo en PXOMS e outras historias...


Teo completa con dos líneas propias el bus metropolitano






jueves, 1 de abril de 2010

Unha de rumores.....

1- ¿Que hai de certo sobre os rumores que din que unha man negra fixo que desapareceran blogs de Teo que antes tiñan moita actividade?
2- ¿Que haberá de certo, incidindo no anterior, para que ata a prensa escrita se pregunte onde están eses blogs de Teo?
3-  ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan á escisión dun importante partido político en Teo de cara ás próximas eleccións locais, provocando a aparición dun novo grupo?
4- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan a que se está a formar un novo partido político formado por xente nova?
5- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo que certo dirixente dun partido local estivo mantendo contactos con xente nova para afiliala ao partido, continuando coa mesma estratexia iniciada xa hai uns anos?
6- ¿Que hai de certo nos rumores que circulan por aí dicindo de certo dirixente dun partido vaise desprender de xente histórica do seu partido?
7- ¿Que hai de certo nos rumores que apuntan que certo partido que leva as rendas do concello acadará aínda mellores resultados que nas pasadas eleccións?
8- ¿Que hai certo nos rumores que apuntan a unha posible unión de dous pesos pesados da política teense: un home sen paxaros na cabeza e un home da restauración?

Quen teña datos máis fiables, este é o lugar para abrir debate. E por último...


¿Que haberá de certo sobre os rumores que vinculan este blog a certo partido político?
A este rumor respondemos nós: rumores infundados...  de momento.

viernes, 29 de enero de 2010

DESBLOQUEAR TEO

Curioso titular en El Correo Gallego... ¿a que nos sona isto?

ENERXÍA NUCLEAR: SI

Si a enerxía nuclear é fonte de riqueza (postos de traballo), é limpa (non emite elementos contaminantes á atmosfera), é segura (tomando as míminas medidas de seguridade), é a máis rendible (en Francia, por exemplo, o 80% da enerxía é nuclear e parte é exportada a España), ¿por que todo o mundo está en contra dela?: Por descoñecemento, ¿ignorancia?, ou intereses políticos (variables segundo cambie o vento).

Proposta: Teo debería albergar un ATC (Almacén de Residuos Nucleares) e beneficiarse así dos 10 millóns anuais que recibiría, ademáis de novas vías de comunicación, empregos, etc. Non será posible por non cumplir coas condicións establecidas no BOE, pero de cumplilas, ¿por qué non?


Non sexamos hipócritas, que como dixo Felipe González: ou se debate en serio sobre se España é ou non nuclear, ou se deixa de mercala aos de fóra (en clara alusión a Francia).


lunes, 23 de noviembre de 2009

Todos contra a Pirotecnia

A raíz da recente sentenza do caso da Pirotecnia de Calo, saía publicada en El Correo Gallego esa foto da manifestación xurdida a raíz do sinistro, demandando o peche da pirotecnia. ¿A quen vemos na foto? Pois a xente o máis variado: o alcalde do BNG, a Jano Leis do PSOE, a xente do "sector crítico" do PSOE, e a outro máis interesantes... ¡qué foto para a posteridade!
Aparte da foto, o que queda claro é que ninguén apoia ao empresario Calo. De feito o alcalde xa foi rotundo niso. E os veciños poderán durmir máis tranquilos.




lunes, 9 de noviembre de 2009

Incendio en Teo

Los bomberos sofocan un incendio en una vivienda de Montouto, donde ardió el cuarto de la caldera

Los bomberos compostelanos sofocaron ayer el fuego declarado en una vivienda que ocupa un bajo en la urbanización Los Carballos, de Montouto, en Teo (...) El fuego se declaró hacia las 14.30 y aunque inicialmente se llamó a Protección Civil de Teo, no pudo acudir por estar desplazada en un accidente en Lampai, donde hubo que excarcelar a un conductor que resultó herido grave en una salida de vía en la que colisionó contra un árbol. La policía de ese municipio tuvo que apaciguar también los ánimos en el partido entre el Cacheiras y el Abolada, que el árbitro estuvo a punto de suspender cuando, al concluir la primera parte, varias personas lo increparon y zarandearon, según justificó para reclamar la presencia policial para continuar con el partido.

Analicemos ben a noticia.
Incendio, chaman a Protección Civil pero non pode acudir por un accidente. Conclusión 1ª: Máis nos vale non ter máis de un accidente en Teo á vez, a ver quen nos axuda....
Acoden os bombeiros de Santiago. Correcto. ¿Pero non hai bombeiros en Teo? ¿Ou non traballan os domingos? ¿Ou estaban no mesmo accidente de coche?
Policía: Ocupada nun partido de futbol. ¿Só hai unha patrulla en Teo?

¡Deus nos colla confesados en Teo!

NOTA: Dinnos que os bombeiros de Teo tamén estaban, xunto cos de Santiago, aínda que chegaron un pouco máis tarde que os primeiros. Quede constancia da aclaración.




lunes, 2 de noviembre de 2009

Teo: primeiro municipio galego en aprobar unha resolución sobre o Cénit do Petróleo


¡Parabéns a Martiño Noriega por esta iniciativa, que coloca a Teo entre os dous primeiros concellos de España!

O mércores 26 de Agosto de 2009, foi unha data histórica para Galiza: o pleno municipal de Teo aprobou unha resolución que recoñece o problema do Teito do Petróleo, a súa inminencia e gravidade, e que aproba a posta en marcha de medidas para estudar e aminorar o seu impacto sobre a poboación teense. Dicimos que é histórico este feito, porque Teo se converte no primeiro municipio galego (e segundo a nivel do Estado Español) que se une a movemento que por todo o mundo está recoñecendo o problema e facéndolle fronte, baixo diversos nomes: Transition Towns, Post-Carbon Cities, Relocalization Network…